Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28958

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión

EDICTO (DCT 255/2017).

Divorcio contencioso 255/2017

Sobre outras materias

Demandante: Agustín González Ezara

Procuradora: Virginia Louro Piñeiro

Avogada: Margarita Lamela Louzán

Demandada: Paola del Pilar Pérez Sánchez

Cédula de notificación

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo extracto é o seguinte:

Corcubión, dezaseis de marzo de dous mil dezaoito.

Vistos por María Purificación Prieto Picos, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión, os presentes autos de divorcio contencioso número 255/2017, por instancia da procuradora Virginia Louro Piñeiro, en nome e representación de Agustín González Ezara, defendida pola letrada Margarita Lamela Louzán, contra Paola del Pilar Pérez Sánchez, en situación de rebeldía procesual.

Resolución.

Admito a demanda presentada por instancia da procuradora Virginia Louro Piñeiro, en nome e representación de Agustín González Ezara, defendida pola letrada Margarita Lamela Louzán, contra Paola del Pilar Pérez Sánchez, en situación de rebeldía procesual. En consecuencia, declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído por Agustín González Ezara e Paola del Pilar Pérez Sánchez o día 30 de decembro de 2014, con revogación de cantos poderes e consentimentos que calquera dos cónxuxes tivese outorgado a favor do outro, cesando a posibilidade, salvo pacto en contrario, de vincular os bens privativos do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

Todo iso sen expresa imposición de custas a ningunha das partes litigantes.

Notifíquese ás partes a presente sentenza, facéndolles saber que contra esta poderá interpoñerse recurso de apelación, ante este xulgado, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Están exentos de constituír o depósito para recorrer os incluídos no número 5 da disposición citada e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao libro mazo de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño desta aos autos principais.

Firme esta resolución procédase á súa inscrición no Rexistro Civil onde figura inscrito o matrimonio celebrado entre os litigantes (artigo 752 da Lei de axuizamento civil).

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Paola del Pilar Pérez Sánchez, expídase a presente para que sirva de cédula de notificación.

Corcubión, 2 de abril de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza