Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29145

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SSS 211/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 211/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andre Rafael Araujo Ferreira contra a empresa Estructuras Dabalpo, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, sobre seguridade social, se ditou sentenza o día 8.3.2018 impugnable en suplicación no prazo de cinco días, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Dabalpo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 25 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza