Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29146

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 772/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 772/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Elías Saa Fernández contra Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A., Teron Hoteles, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza co número 241/2018 en data do 24 de maio de 2018 cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 772/2015, seguidos por instancia de Jesús Elías Saa Fernández, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez; contra Terón Hoteles, S.L., representada e asistida pola letrada Sra. Calvo Ríos; contra Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A.U., que non compareceu ao xuízo oral, e contra Manuel Moreira Martel, como administrador concursal de Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A.U., que non compareceu ao xuízo oral; despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución Española e en nome do rei, dito a presente sentenza, con base nos seguintes»,

«Que estimando integramente a demanda interposta por Jesús Elías Saa Fernández, contra Terón Hoteles S.L., contra Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A.U., e contra Manuel Moreira Martel como administrador concursal de Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A.U., debo condenar e condeno as demandadas Terón Hoteles, S.L. e Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A.U., de forma solidaria, a aboarlle ao demandante a suma de 245,43 euros netos en concepto de xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a data de pagamento da débeda que era obxecto de reclamación na demanda que deu orixe ao presente procedemento, condenando o administrador concursal de Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A.U., Manuel Moreira Martel, na súa soa condición de administración concursal, a aterse á devandita declaración e condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar á súa condena nesta instancia e deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compostela de Alojamientos y Servicios, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza