Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29064

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2018 pola que se lle dá publicidade á Resolución do 21 de maio de 2018 pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P., o mantemento, bombeo, carga e xestión do lixiviado do vertedoiro de residuos non perigosos de Recoge Galicia de Gestión, S.L., durante os anos 2018-2019.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dase publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

1. Resolución do 21 de maio de 2018, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P., o mantemento, bombeo, carga e xestión do lixiviado do vertedoiro de residuos non perigosos de Recoge Galicia de Gestión, S.L., durante os anos 2018-2019.

– Actividade: a encomenda comprende traballos de limpeza da rede de pluviais e recollida de voantes e restos orgánicos para a correcta evacuación de augas de choiva que caen sobre a cuberta da selaxe provisional e no control, bombeo, carga, descarga e xestión do lixiviado, en xestor autorizado, xerado no vertedoiro.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P., a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o día seguinte ao da sinatura do encargo, e deberá finalizar, como data límite, o 31 de decembro de 2019.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 07.02.541D.640.

– Recurso especial en materia de contratación: contra esta resolución poderase interpor, con carácter potestativo, recurso especial en materia de contratación, ao abeiro do disposto no artigo 44.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio