Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento da axuda para a primeira instalación de agricultores/as mozos/as (expediente 15/50198/16).

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento da axuda para a primeira instalación de agricultores/as mozos/as.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito acordo e a constancia de tal coñecemento.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela a persoa interesada poderá interpoñer, potestativamente, o recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos se computarán a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro dereito que considere pertinente. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o devandito prazo para presentar os recursos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2018

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 15/50198/16 de axuda para a primeira instalación de agricultores/as mozos/as.

Persoa interesada: Javier Codesal Barral (XXXX0090Y).

Acto de notificación: resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: rolda de Nelle, 9, 8º, A Coruña (A Coruña).