Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Fernando de Castro-Acuña Vidal.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña tramítase o recurso 42/2018 (procedemento abreviado), interposto por Fernando de Castro-Acuña Vidal contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición interposto o día 26 de outubro de 2017 contra a Resolución do 20 de setembro de 2017, da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: técnico superior en Prevención de Riscos Laborais) (DOG nº 184, do 27 de setembro).

O recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos