Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29311

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 31 de maio de 2018 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CPI de Panxón, do concello de Nigrán.

De conformidade co previsto no artigo 1.2 do título I do Regulamento orgánico dos centros públicos integrados, aprobado polo Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26 de xaneiro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Nigrán.

Código: 36005865.

Denominación actual: Centro Público Integrado (CPI) de Panxón.

Nova denominación: Centro Público Integrado (CPI) Arquitecto Palacios.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria