Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de maio de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se cita a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 186/2017-CO.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, cítase a persoa interesada, indicada no anexo, para que sexa notificada, por comparecencia, do acordo de inicio do expediente 186/2017-CO.

O xefe provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) da Coruña emitiu o acordo de inicio do expediente de reclamación de danos ao dominio público viario.

A persoa interesada poderá comparecer, para coñecer o texto íntegro, no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A notificación do acordo deberase recoller na sede da Xefatura Provincial da AXI da Coruña (sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, á norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o dito prazo sen que a persoa interesada comparecese, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao último día do prazo fixado.

A Coruña, 24 de maio de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega
de Infraestruturas da Coruña

ANEXO

Persoa interesada: Noroeste Tecnología It Global, S.L.