Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, fanse públicas as resolucións ditadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o 8 de xuño de 2018, polas que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos das confrarías de pescadores que se relacionan no anexo e se acorda a súa inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018
Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
Confraría de pescadores |
Data da resolución de ratificación dos estatutos |
Inscrición no Rexistro de Confrarías |
Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu |
8 de xuño de 2018 |
Tomo II, libro 10-Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, volume 1 |
Confraría de Pescadores San Telmo de Pontevedra |
8 de xuño de 2018 |
Tomo II, libro 48-Confraría de Pescadores San Telmo de Pontevedra, volume 1 |
Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño |
8 de xuño de 2018 |
Tomo II, libro 19-Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, volume 1 |