Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29306

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 7 de xuño de 2018 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas e dos incentivos á contratación (códigos de procedemento TR301P e TR349X).

A Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas e dos incentivos á contratación (códigos de procedemento TR301P e TR349X) (DOG núm. 25, do 5 de febreiro), establece no seu artigo 2.3 que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, ao existiren outras incorporacións de crédito que poden ser utilizadas para os mesmos fins como consecuencia da existencia de créditos incorporados, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 31 de decembro de 2017, coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto, no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o importe total dos créditos destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2017, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial.

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

Inicial

2018

2019

09.41.323A.471.0

2013 00545

600.000,00

150.000,00

Ampliación

09.41.323A.471.0

2013 00545

1.299.089,20

324.772,30

Total

09.41.323A.471.0

2013 00545

1.899.089,20

474.772,30

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria