Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29304

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V).

BDNS (Identif.): 402994.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto desta convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde e nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda.

Segundo. Obxecto

A presente orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiada pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Por medio desta orde convócanse as ditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019 (ambos incluídos).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V).

Cuarto. Importe

A contía total prevista inicialmente para o período de vixencia da presente orde ascende a 4.183.624 euros (2.091.812 euros para 2018 e 2.091.812 euros para 2019) con cargo á aplicación orzamentaria 09 41 323 A 480.0, con código de proxecto 2013 00 545, que figuran na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2018.

Poderanse financiar con cargo aos créditos de 2018 as solicitudes presentadas ata o 1 de outubro do ano 2018 e con cargo aos créditos de 2019 aquelas solicitudes presentadas con posterioridade a esta data.

Quinto. Prazo de presentación das solicitudes

A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito. En calquera caso, a data límite é o 17 de decembro de 2018 para aquelas bolsas e axudas correspondentes a accións formativas iniciadas entre o 1 de xullo de 2018 e o 15 de novembro de 2018 (ambos incluídos), e o 30 de xullo de 2019 para aquelas accións formativas iniciadas entre 16 de novembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019 (ambos incluídos).

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria