Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 29/2016 por instancia de Carmen María Fraga Rivas contra a empresa Área Deportes Capitán, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 22 de maio de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Resolución
Estímase a demanda formulada por Carmen María Fraga Rivas fronte á empresa Área Deportes Capitán, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Condénase a empresa Área Deportes Capitán, S.L. a aboar á demandante a cantidade de mil cento cincuenta e dous euros con oitenta céntimos de euro (1.152,80 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.
– Condénase a empresa Área Deportes Capitán, S.L. ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios de letrado ou graduado social ata o límite de 600 euros.
Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.
A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Área Deportes Capitán, S.L. expido e asino a presente.
A Coruña, 28 de maio de 2018
A secretaria xudicial