Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29437

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2018, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 8 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2017 (DOG núm. 54, do 16 de marzo), dáse publicidade dos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no terceiro cuadrimestre de 2017 por esta consellería, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Título

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e El Progreso de Lugo, S.L., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Progreso de Lugo, que edita esta entidade.

2.1.2018

24.391,25 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Faro de Vigo, S.A.U. para potenciar o uso do idioma galego.

2.1.2018

59.955,65 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e La Opinión de La Coruña, S.L. para potenciar o uso do idioma galego.

2.1.2018

9.217,11 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e La Región, S.A. para potenciar o uso do idioma galego.

2.1.2018

20.301,35 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para potenciar o uso do idioma galego.

2.1.2018

141.931,59 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Escola Galega de Administración Pública para a formación en lingua galega para o ano 2018.

2.1.2018

35.880 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A.

5.1.2018

6.000 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Editorial Compostela, S.A.

5.1.2018

16.873 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Capital, S.L.U.- El Ideal gallego.

5.1.2018

6.000 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L.

5.1.2018

25.179 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Capital, S.L.U.-Diario de Arousa.

5.1.2018

6.000 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Capital, S.L.U.-Diario de Ferrol.

5.1.2018

6.000 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Entidade Faro de Vigo, S.A.U.

5.1.2018

69.048 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Voz de Galicia, S.A.

5.1.2018

149.000 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Región, S.A.

5.1.2018

22.065 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Opinión de A Coruña, S.L.U.

5.1.2018

9.086 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U.

5.1.2018

10.124 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para realización de actividades de difusión e de formación dos programas Navega con rumbo e Programación nas escolas.

15.1.2018

0 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Real Padroado de Sargadelos como contribución para o funcionamento e mantemento da casa de administración e realización do proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos.

15.1.2018

35.000 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPECT), para la organización e desenvolvemento da olimpíada de xeoloxía e para o recoñecemento como actividade de innovación educativa.

18.1.2018

0 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Sanxenxo para a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal de Vilalonga dependente do dito concello.

18.1.2018

0 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o concello de Riotorto para a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da súa Axencia de Lectura Municipal.

19.1.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Lérez Ediciones, S.L. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Diario de Pontevedra que edita esta entidade.

1.2.2018

8.061,26 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Editorial La Capital, S.L. para potenciar o uso do idioma galego.

1.2.2018

12.062,26 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Rías Baixas Comunicación, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Atlántico Diario.

1.2.2018

3.141,52 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Doa Saúde Mental.

6.2.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Telefónica Educación Digital para a participación no proxecto Creando código.

8.2.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización de obras na Casa da Cultura da Música.

9.2.2018

108.000 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes de Galicia.

14.2.2018

0 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Bulimia y Anorexia de Pontevedra.

16.2.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Real Academia Galega para regular o réxime de libramentos de subvencións nominativas con cargo aos orzamentos de 2018.

22.2.2018

520.000 €

Convenio de colaboración entre Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Foro Enrique Peinador, para actuacións de normalización e dinamización lingüística.

22.2.2018

12.000 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., para colaborar no desenvolvemento da gala de entrega dos premios ari(t)mar.

28.2.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Rosalía de Castro para difundir, estudar e preservar a obra de Rosalía de Castro.

1.3.2018

25.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela en materia de normalización lingüística.

1.3.2018

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para actuacións en materia de normalización lingüística.

1.3.2018

23.500 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para actuacións en materia de normalización lingüística.

1.3.2018

12.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Editorial Compostela, S.A. para potenciar o uso do idioma galego no xornal El Correo Gallego.

1.3.2018

17.308,01 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo en materia de normalización lingüística.

1.3.2018

26.000 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe) para a realización de actuacións de dinamización lingüística.

1.3.2018

0 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Parada de Sil para a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal dependente do dito concello.

6.3.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Eötvös Loránd Todományegyetem (Hungría) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

7.3.2018

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Vicente Risco para difusión, estudo e preservación da obra de Vicente e Antón Risco.

8.3.2018

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia para actuacións en materia de normalización lingüística.

8.3.2018

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

8.3.2018

18.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Española de Religiosos de Enseñanza-Centros Católicos (Ferega-Ceca) para realizar actuacións en materia de normalización lingüística.

8.3.2018

20.000 €

Convenio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Cultural Colectivo Xelmírez para actuacións en materia de normalización lingüística.

8.3.2018

5.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o financiamento de agrupacións estratéxicas de investigación.

12.3.2018

624.999 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello da Guarda para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de recebos da fachada do Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas do Baixo Miño no Castelo de Santa Cruz, A Guarda (Pontevedra).

12.3.2018

0 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

13.3.2018

13.700 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

13.3.2018

279.214 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Otero Pedrayo para o estudo e preservación da obra de Otero Pedrayo.

13.3.2018

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas para a difusión, estudo e preservación da obra de Antonio Fraguas Fraguas.

13.3.2018

9.000 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

13.3.2018

7.200 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Celanova para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de restauración da Ponte Pedriña, Celanova (Ourense).

14.3.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Entrimo para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de reparación da ponte de Casal, Santa María A Real de Entrimo (Ourense).

14.3.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Montederramo para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras do PBE de acondicionamento de espazos para incorporar á visita cultural do Mosteiro de Montederramo, Montederramo (Ourense).

14.3.2018

0 €

Convenio de colaboración para establecer as bases do depósito temporal, custodia e réxime de uso de bens mobles de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Concello da Veiga (Ourense).

16.3.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades, para a organización do XXII Premio Internacional «Grupo Compostela-Xunta de Galicia», relacionado con actividades de investigación, estudo e divulgación do patrimonio cultural e universitario.

23.3.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

26.3.2018

24.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ourense para a concreción da habilitación legal contida no artigo 65 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

27.3.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua para colaborar no desenvolvemento de actuacións de normalización lingüística.

28.3.2018

5.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Helsingin Yliopisto (Finlandia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

5.4.2018

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Vicente Risco para a realización de actividades culturais.

5.4.2018

10.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización dun circuíto teatral no ámbito autonómico.

6.4.2018

30.000 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro de Galicia no ano 2018.

6.4.2018

120.000 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Centro Neuropsicopedagóxico O Pelouro para o funcionamento e reserva de prazas para o alumnado durante o curso escolar 2018/19.

12.4.2018

362.846,45 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo no financiamento de recursos de información científica en liña.

12.4.2018

1.525.713 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para lle proporcionar ao persoal investigador do SUG acceso a recursos de supercomputación, almacenamento de datos e comunicación.

12.4.2018

510.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña para completar as axudas ao persoal investigador principal do programa Starting Grants do Consello Europeo de Investigación.

12.4.2018

700.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para o mantemento das dependencias da Casa Grande de Cimadevila e actividade cultural festa literaria do Premio Trasalba.

12.4.2018

15.000 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil para a realización de actividades culturais e a colaboración coa Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI).

12.4.2018

13.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Gaiteiros Galegos para a realización da V Xornadas sobre o baile tradicional e VI Xornadas arredor da música tradicional.

12.4.2018

6.000 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para a realización de actividades culturais.

12.4.2018

6.000 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Eugenio Granell para a realización de actividades culturais.

12.4.2018

10.000 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya para a colaboración nos gastos da xestión das visitas do museo da Casa da Troia para o ano 2018.

12.4.2018

8.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela para a realización de actividades culturais.

12.4.2018

12.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Intersindical Galega (CIG) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

17.4.2018

1.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSI-F Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

17.4.2018

1.000 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Coral Galega para a realización de cursos, festivais e concertos.

17.4.2018

24.000 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación do Fútbol Galego para a promoción dos valores da educación inclusiva, a convivencia e a igualdade a través das actividades deportivas.

18.4.2018

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Reveriano Soutullo para a realización do II Concurso Nacional de Piano Mestre Sotullo.

23.4.2018

6.000 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte nas Ondas para a elaboración de recursos dixitais interactivos para o traballo sobre o arquivo virtual do patrimonio cultural da asociación.

23.4.2018

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Dodro para a celebración do XXXI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

23.4.2018

6.000 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para a realización de actividades de promoción do libro e a lectura no ano 2018.

23.4.2018

15.000 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para a realización de actividades culturais.

24.4.2018

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Unión Xeral de Trabajadores (UGT-Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

26.4.2018

1.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e ANPE Sindicato Independiente para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

26.4.2018

1.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Delegación Territorial da ONCE en Galicia para actuacións en materia de normalización lingüística.

26.4.2018

2.000 €

ANEXO II

Título

Data da sinatura

Importe

Convenio de Cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Parlamento de Galicia para a organización de visitas guiadas ás sedes da Xunta de Galicia e do Parlamento Galego por alumnado de centros escolares galegos, polo importe máximo de corenta e cinco mil euros (45.000 €).

18.12.2017

45.000 €

Addenda ao convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para continuar os traballos do Portal Xurídico Galego e da Base de datos de lexislación galega consolidada.

29.12.2017

5.000 €