BDNS (Identif.): 379381.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans):
Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario
Increméntase en 350.000 euros o importe total destinado á concesión das axudas ao abeiro dos programas I e II da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 26 de decembro de 2017 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018), quedando a orde cun importe total de 2.150.000 euros.
Este incremento afecta os programas I e II da orde, de acordo coa seguinte distribución:
Programa I (TR802G): 200.000,00 euros (09.40.324C.470.0; proxecto 2016 00306).
Programa II (TR802J): 150.000,00 euros (09.40.324C.470.1; proxecto 2016 00306).
Segundo. Prazo de solicitude
Esta modificación non afecta os prazos establecidos na referida orde para a presentación de solicitudes.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria