Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de xuño de 2018 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 14-07-17-109.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais e último domicilio coñecido se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1º.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto).

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG nº 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderase facer efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 14-07-17-109

4097-CDF

Gardapeiraos

Estal, S.L.

Estrada Esteiro, nº 14

15337 Mañón (A Coruña)

Estacionamento prohibido.

31.10.2017

10.41 horas

Viveiro (Lugo)

Artigo 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM.

Artigos 17 e 64 da Orde ministerial do 12.6.1976

Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM

90 €