Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 11 de xuño de 2018, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer a realización dunha poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

De conformidade cos acordos da Axencia Tributaria de Galicia do 18 de maio 2018, infórmase que o día 19 de xullo de 2018, ás 10.00 horas, no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición do ben

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramos

2

Local comercial sito no andar baixo, dun edificio denominado Banquete de Conxo fase I na rúa do Banquete de Conxo 2 de marzo de 1856, números 1, 2, 3, 4, 5 e 6 e na rúa Luis Freire, co número 5, na cidade de Santiago de Compostela. Cunha superficie aproximada de 76 m². Ten como anexo para uso propio a terraza sinalada como cuberta plana transitable cunha superficie aproximada de 76 m². Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela 2, predio 46319.

82.383,24

48.503,00

33.880,24

100,00

3

2/168 avas partes do local no andar de soto 1, dun edificio denominado Banquete de Conxo fase I sito na rúa do Banquete de Conxo 2 de marzo de 1856, sinalado cos números 1, 2, 3, 4, 5 e 6 na rúa Luis Freire co número 5, na cidade de Santiago de Compostela, concretándose na propiedade e uso exclusivo da praza de garaxe nº 101. Dunha superficie útil de 13,60 m². Predio 43517/G101 do Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela.

9.507,09

Non constan

9.507,09

100

4

Predio urbano, a uso residencial, sito no luga de Vilar, Concello de Ferrol, con 36 metros cadrados de superficie construída, número de identificación castastral 000703100NJ52B0001RG, sobre predio rústico de 594 metros cadrados de superficie, con número de identificación catastral 15037A501001810000OE. Embargo anotado por suspensión no Rexistro da Propiedade de Ferrol, predio 76836.

5.387,58

Non constan

5.387,58

100,00

5

100 % do pleno dominio de predio rústico (50 % de cada cónxuxe), a uso agrario, sito no lugar de Barallados, concello de Ares, cunha superficie de 1973 metros cadrados, con número de identificación catastral 150004A017005180000YB. Predio 9692/A do Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

4.794,39

Non constan

4.794,39

100,00

6

Vivenda sita na avenida de Fisterra, nº 280, sexto andar, porta F da cidade da Coruña, con 80 metros cadrados de superficie construída. Adquirida por herdanza de Matilde López Galván, de conformidade co testamento outorgado o 15 de marzo de 2011 diante do notario Alfonso Goday Portals. Número de identificación catastral 7111602NJ4071S0060ME. Predio número 29.922 do Rexistro da Propiedade número 2 da Coruña.

54.090,16

Non constan

54.090,16

100,00

7

1/2 do pleno dominio, con carácter privativo, por título de herdanza do labradío, a pasteiro inculto, predio número 401 de concentración parcelaria, no lugar de Rodeiro, Bandoza, de nome Empeño, no concello de Oza dos Ríos. Dunha superficie de 35 áreas e 70 centiáreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos, predio 19980.

2.144,59

Non constan

2.144,59

100,00

8

Predio urbano, a soar, sen edificar, sita no Camiño do Paredón, Concello de Ferrol. Linda co predio catastral 3268402NJ6136N0001OY. Superficie 695 metros cadrados. Referencia catastral 3268401NJ6136N0001MY. Anotada por suspensión como predio 76731 no Rexistro da Propiedade de Ferrol.

70.592,74

Non constan

70.592,74

100

9

15,83 por cento dos dereitos hereditarios, título de herdanza de Eduardo López Valdivia, de inmoble urbano a uso residencial sito na rúa Punta Miranda, número 2, con 729 metros cadrados de superficie construidos, en San Vicente do Mar, concello do Grove. Predio 2207 do Rexistro da Propiedade de Cambados, predio catastral 6305502NH0060N0003TK

145.306,20

Non constan

145.306,2

100,00

10

15,83 por cento dos dereitos hereditarios, por título de herdanza de Eduardo López Valdivia, de inmoble urbano a uso residencial sito na praza de San Ero, número 2, andar segundo, con 83 metros cadrados de superficie construídos, en San Vicente do Mar, concello do Grove. Predio 2378 do Rexistro da Propiedade de Cambados, predio catastral 6205502NH0060N0003DK.

16.638,93

Non constan

16.638,93

100,00

12

Vivenda illada sita no lugar da Capela, parroquia de Araño, concello de Rianxo, composta de andar baixo (locais e garaxe), andar alto e baixo cuberta, ocupa unha superficie de 235,5 metros cadrados. Dispón dun terreo unido de 50,50 metros cadrados no lugar de Agro do Outeiro. Predio 7410 do Rexistro da Propiedade de Padrón.

181.496,90

159.758,71

21.738,19

100,00

13

Usufruto con carácter privativo de vivenda sita na rúa Mariño de Rivera, nº 14, 4º B, concello de Ribeira, cunha superficie 142 metros cadrados. Predio número 14285 do Rexistro da Propiedade de Noia. Referencia catastral 0718077NH0101N0011WZ.

35.768,38

Non constan

35.768,38

100,00

14

Casa de andar baixo dunha superficie de 33 metros cadrados, cun terreo unido, formando o conxunto un só predio dunha superficie total de 75 metros cadrados, sinalada co número 163 do lugar de Escarabote, parroquia e concello de Boiro. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, predio 26312.

1.284,75

Non constan

1.284,75

100,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recaudación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales se haberá de conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen o crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituirse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso, admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedan bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

A Coruña, 11 de xuño de 2018

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña