Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29814

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), de xeito experimental para o curso 2018/19.

Para o obxecto de regular a implantación e organización, con carácter experimental, do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a convocatoria aos centros que desexen impartilo, resolvo anunciar:

Primeiro

Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal ) estará dispoñible a convocatoria pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), de xeito experimental para o curso 2018/19.

Segundo

Que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa