Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 28 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo no expediente PR204A 2018/1010-2 e seis máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación personal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

Esta resolución poderá ser impugnada polas personas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirxido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promova de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 28 de maio de 2018

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

Resolución

PR204A2018/1010-2

María Nieves Pérez Lage

Denegatoria do dereito

PR204A2018/1043-2

María Idalia Treviño Villareal

Denegatoria do dereito

PR204A2018/1145-2

José Ramón Arias Trigo

Denegatoria do dereito

PR204A2018/1212-2

Manuel Ramón Lence Somoza

Denegatoria do dereito

PR204A2018/1306-2

Luis García Rocha

Denegatoria do dereito

PR204A2018/1337-2

Juan Carlos Guerra Alvárez

Denegatoria do dereito

PR204A2018/1501-2

Junior Guzmán Castillo

Denegatoria do dereito