Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de xuño de 2018 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 36/2018, no expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/7/2013.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario núm. 36/2018, interposto por José María Docampo Barrueco, contra a Resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 15 de novembro de 2017, expediente SIL/7/2013, en que se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior á comisión da infracción e a demolición das obras realizadas sen a preceptiva autorización en materia de costas, no lugar de Larache, concello de Vilaboa, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas -LPACAP, se lle notifíca por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Construcciones Darío Caballero, S.L. para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística