Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30017

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341S).

BDNS (Identif.): 403481.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento e, que no momento da transmisión, estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:

a) Que teñan 63 anos ou máis.

b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluído grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.

c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

No caso das persoas traballadoras autónomas societarias para ser beneficiarios desta axuda a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade.

No caso de transmisión do negocio, por ter a persoa traballadora autónoma 63 anos ou máis, debe levar máis de 48 meses de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

Segundo. Obxecto

1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, desde a entrada en vigor desta orde ata o 30 de setembro de 2018.

2. A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dunha remuda xeracional ordenado nos negocios das persoas traballadoras autónomas.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse cincocentos mil euros (500.000 €).

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2018.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria