Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30158

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

BDNS (Identif.): 404399.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a subvencionar o funcionamento dos seguintes centros:

a) Escolas de música das cales sexan titulares os concellos.

b) Escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais.

Segundo. Requisitos

1. Poderán solicitar estas axudas os titulares dos centros de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Estes centros deberán estar radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas destinaranse ao desenvolvemento das súas actividades docentes desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2018.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (procedemento ED314E para escolas de música das cales sexan titulares os concellos e procedemento ED314D para escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais).

Cuarto. Contía das axudas

1. Para as escolas de música dependentes de concellos a contía máxima da axuda por beneficiario non poderá superar a cantidade de vinte mil euros (20.000 euros).

2. Para as escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro a contía máxima da axuda por beneficiario non poderá superar a cantidade de quince mil euros (15.000 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria