Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30847

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de xuño de 2018 pola que se acorda a publicación do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, para a constitución do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 111, do 12 de xuño de 2018, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 28756 do título da resolución, onde di: «RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2018 pola que se acorda a publicación do Convenio de colaboración entre as universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña para a constitución do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG)», debe dicir: «RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2018 pola que se acorda a publicación do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, para a constitución do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG)».

Na páxina 28756, onde di: «Publicar no Diario Oficial de Galicia o Convenio de colaboración entre as universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña para a constitución do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia, así como os seus estatutos», debe dicir: «Publicar no Diario Oficial de Galicia o Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, para a constitución do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia, así como os seus estatutos».

Na páxina 28757, suprímense os parágrafos que din: «Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña e constitución do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018».

Na páxina 28783 elimínase o anexo.