Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30845

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018 pola que se redistribúen e se amplían os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria, servizos e agrícola primario, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

1. Mediante a Resolución do 26 de decembro de 2017 desta dirección, referida no encabezamento, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 21, do 30 de xaneiro de 2018, acordouse a aprobación das bases reguladoras xunto coa convocatoria de subvencións, cuxo procedemento administrativo de concesión se tramitará en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria, servizos e agrícola primario.

2. Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para o ano 2018. A procedencia dos fondos é de diversa natureza: fondos da Comunidade Autónoma e fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes, constatase que nalgunha das epígrafes o número de solicitudes é inferior ao esperado, mentres que noutras o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, polo que cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes e ampliar o crédito orzamentario.

O artigo 3 da resolución, relativo ao financiamento, prevé unha dotación inicial de 4.382.377,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.A2.733A.770.0 e no parágrafo segundo dese mesmo artigo establécese que o crédito máximo poderá ser redistribuído se nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles ou a calidade dos proxectos solicitados non alcanza a puntuación mínima exixida.

Nese mesmo artigo establécese a posibilidade de incrementar o crédito coa condición dunha maior dispoñibilidade derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista para esta convocatoria na contía de 1.072.102,04, polo que o importe total asignado para estas axudas con cargo á aplicación orzamentaria 09.A2.733A.770.0 tras esta ampliación ascende a 5.454.479,04 euros.

Segundo. Unha vez ampliados os fondos, estes redistribúense do seguinte xeito:

Distribución por líña de axuda

Dotación orzamentaria inicial (€)

Modificacións (€)

Dotación orzamentaria final (€)

AE-Auditorías enerxéticas

100.000,00

-91.716,50

8.283,50

SX-Implantación sistemas de xestión

100.000,00

-100.000,00

0,00

PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e ESE

2.862.377,00

592.102,04

3.454.479,04

PAES-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

500.000,00

271.716,50

771.716,50

PAEA-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector agrícola primario

820.000,00

400.000,00

1.220.000,00

Total

4.382.377,00

1.072.102,04

5.454.479,04

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia