Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30843

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018 pola que se redistribúen e se minoran os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

1. Mediante a Resolución do 26 de decembro de 2017 desta dirección, referida no encabezamento, publicada no Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2018, acordouse a aprobación das bases reguladoras xunto coa convocatoria de subvencións, cuxo procedemento administrativo de concesión se tramitará en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica, executados en Galicia para a Administración local, entidades sen ánimo de lucro, comunidades de montes, empresas e autónomos.

2. Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para o ano 2018. A procedencia dos fondos é de diversa natureza: fondos da Comunidade Autónoma e fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes, constátase que nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao esperado, mentres que noutras o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, polo que cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes e minorar o crédito orzamentario.

O artigo 3 da resolución, relativo ao financiamento, prevé unha dotación inicial de 3.128.546,00 euros e no parágrafo segundo dese mesmo artigo establécese que o crédito máximo poderá ser redistribuído se nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles ou a calidade dos proxectos solicitados non alcanza a puntuación mínima exixida.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética,

RESOLVO:

Primeiro. Minorar a dotación de fondos inicialmente prevista para esta convocatoria na contía de 750.872,66 euros polo que o importe total asignado para estas axudas tras esta modificación ascende a 2.377.673,34 euros.

Segundo. Unha vez minorados os fondos, estes redistribúense do seguinte xeito:

Medida: fomento das actividades asociadas ao ciclo de aproveitamento de biomasa.

Distribución por líña de axuda

Dotación orzamentaria inicial (€)

Modificacións (€)

Dotación orzamentaria final (€)

Empresas e autónomos biomasa tipoloxía B (Feder)

1.383.416

-756.629,12

626.786,88

Administración pública local biomasa (Feder)

900.000

- 45.332,23

854.667,77

Entidades sen ánimo de lucro biomasa (Feder)

100.000

51.088,69

151.088,69

Empresas e autónomos biomasa tipoloxía A (fondos propios)

145.130

-73.278,19

71.851,81

Empresa e autónomos xeotérmica (fondos propios)

300.000

- 51.704,07

248.295,93

Empresas e autónomos aerotermia e solar térmica (fondos propios)

300.000

124.982,26

424.982,26

Total

3.128.546

-750.872,66

2.377.673,34

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia