Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30825

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2018 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración pública (EGAP) para o ano 2018 polo Consello Reitor deste organismo, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2018 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que se deberán desenvolver segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2018

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. Os/as empregados/as públicos/as destinados/as na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Administración institucional, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, bombeiros e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderanse ofertar actividades formativas a empregados/as públicos/as pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «destinatario» da actividade formativa.

Toda persoa solicitante que no momento do inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

3. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico, cuxo enderezo terán que indicar na solicitude, e dun equipamento informático que cumpra cos seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (como discapacidade) de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A dita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberase presentar dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

Cuarta. Presentación de documentación

Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 da base terceira, os/as empregados/as públicos/as pertencentes a entidades, organismos ou institucións públicas, cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral da Función Pública e que teñan interese en solicitar algunha actividade formativa, deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

– Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante, que indique pola súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.

A devandita documentación deberá remitila ao enderezo de correo electrónico
xestion.egap@xunta.gal, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A falta de presentación desta documentación acreditativa dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2018, segundo a Resolución da Consellería de Facenda do 16 de xaneiro (DOG núm. 19, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra G.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderase completar o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación da relación do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal a lista definitiva de persoas admitidas no curso.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios de edicións ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación mínima de tres días naturais anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar preferentemente o enderezo de correo electrónico
xestion.egap@xunta.gal, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % da duración da actividade. En todo caso, as faltas de asistencia deberanse xustificar documentalmente ante os/as responsables da actividade formativa nun prazo máximo de dez (10) días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o dito anteriormente perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % da duración da actividade, pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

e) Seguimento das actividades impartidas na modalidade mixta:

As faltas de asistencia nas horas presenciais da actividade non poderán superar o 10 % da duración desta. As persoas que incumpran o dito anteriormente perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría na parte de teleformación da actividade pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan, tanto na modalidade de teleformación, na mixta, coma nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas desenvolveranse con carácter xeral de forma descentralizada nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na Plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da Plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

a) A EGAP poderá expedir dúas clases de certificados: de asistencia e de aproveitamento. A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado lles corresponderá aos alumnos que participen nos cursos.

b) Para a obtención do certificado de asistencia, o alumnado deberá participar con regularidade e dedicación no desenvolvemento da acción formativa. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado, a EGAP poderá fixar a realización das probas que considere oportunas.

c) Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Modalidade

Localidade

Datas e horario

Data e hora do exame

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC18179

Principios de boa regulación no ámbito normativo estatal e autonómico

30

20

Aproveitamento

Empregados e empregadas públicos do subgrupo A1.

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

8, 9, 10, 16 e 18 de outubro

Das 16.00 ás 20.00 horas

18.10.2018, 19.00 horas

FC18187

Transparencia e acceso á información pública

25

18

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

13, 15, 20, 22, 27 e 29 de novembro

Das 16.30 ás 19.30 horas

29.11.2018, 18.30 horas

FC18196

Básico de subvencións e normativa aplicable

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 26.9.2018 ao 25.10.2018

30.10.2018, 12.00 horas

FC18197

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 31.10.2018 ao 19.11.2018

22.11.2018, 13.00 horas

FC18198

Nóminas e retribucións do persoal

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 21.9.2018 ao 15.10.2018

18.10.2018, 12.00 horas

FC18199

O procedemento sancionador tras a Lei 39/2015 e a Lei 40/2015, do 1 de outubro

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Subgrupos A1, A2 e C1

Teleformación

Do 19.9.2018 ao 8.10.2018

11.10.2018, 9.00 horas

FC18213

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 21.9.2018 ao 15.10.2018

18.10.2018, 13.00 horas

FC18215

Contratación estratéxica

50

35

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 23.10.2018 ao 26.11.2018

30.11.2018, 9.00 horas

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

FC18200

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

50

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 2.10.2018 ao 25.10.2018

30.10.2018, 9.00 horas

FC18201

Simplificación administrativa: pautas e directrices europeas

50

30

Aproveitamento

Persoal que aplique políticas públicas e disposicións orixinariamente europeas ou xestione axudas cofinanciadas con Fondos da UE.

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 22.10.2018 ao 20.11.2018

23.11.2018, 10.00 horas

FC18202

Xestión de proxectos I+D+i no horizonte 2020

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 22.10.2018 ao 20.11.2018

23.11.2018, 12.00 horas

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC18176

Técnicas para a mellora da comunicación. Relacións co cidadán. Uso da linguaxe xestual e corporal

25

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

6, 18, 22, 24 e 25 de outubro

Das 16.30 ás 19.30 horas

25.10.2018, 18.30 horas

FC18177

Redacción de proxectos de lei, decretos e outros textos normativos

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

12, 14, 15, 19 e 21 de novembro

Das 16.30 ás 20.30 horas

21.11.2018, 19.30 horas

FC18192

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

A Coruña

18 e 24 de setembro

Das 16.30 ás 20.00 horas

19 e 20 de setembro

Das 9.00 ás 12.30 horas

25 e 26 de setembro

Das 16.30 ás 19.30 horas

26.9.2018, 18.30 horas

FC18192

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Lugo

17 e 19 de outubro

Das 16.30 ás 20.00 horas

22 e 26 de outubro

Das 16.30 ás 19.30 horas

23 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas

26.10.2018, 18.30 horas

FC18192

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Ourense

3 e 8 de outubro

Das 16.30 ás 20.00 horas

5 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 18.00 horas

10 e 15 de outubro

Das 16.30 ás 19.30 horas

15.10.2018, 18.30 horas

FC18192

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Pontevedra

6, 7, 8 e 12 de novembro

Das 16.30 ás 20.00 horas

13 e 14 de novembro

Das 16.30 ás 19.30 horas

14.11.2018, 18.30 horas

FC18192

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

19, 20, 21 e 22 de novembro

Das 16.30 ás 20.00 horas

26 e 27 de novembro

Das 16.30 ás 19.30 horas

27.11.2018, 18.30 horas

FC18203

Cambio e motivación nas organizacións

50

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 17.9.2018 ao 1.10.2018

4.10.2018, 12.00 horas

FC18204

Como traballar a educación emocional infantil

30

15

Aproveitamento

Dado o seu carácter práctico, resulta especialmente aconsellable para psicólogos, pedagogos, persoal das escolas infantís, educadores/as ou auxiliares coidadores/as e outros profesionais relacionados coa educación infantil, máis aínda para aqueles que traballen con nenos en risco ou con necesidades especiais.

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

18 de setembro

Das 16.30 ás 19.30 horas

19, 24 e 25 de setembro

Das 16.30 ás 20.30 horas

25.9.2018, 19.30 horas

FC18205

Ergonomía en traballo de oficina e riscos ergonómicos

50

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 15.11.2018 ao 26.11.2018

29.11.2018, 10.00 horas

FC18206

Organización e simplificación do traballo administrativo

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 25.10.2018 ao 5.11.2018

8.11.2018, 9.00 horas

FC18212

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 7.11.2018 ao 26.11.2018

29.11.2018, 12.00 horas

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC18207

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 26.9.2018 ao 15.10.2018

18.10.2018, 10.00 horas

FC18207

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 7.11.2018 ao 26.11.2018

29.11.2018, 13.00 horas

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

FC18193

A calidade como elemento de fidelización e garantía na contratación de servizos turísticos

30

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

1, 4 e 8 de outubro

Das 16.30 ás 20.30 horas

11 de outubro

Das 16.30 ás 19.30 horas

11.10.2018, 18.30 horas

FC18194

A contratación a través da rede de servizos turísticos: problemas derivados dela

30

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

30 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas

31 de outubro

Das 9.00 ás 15.00 horas

31.10.2018, 14.00 horas

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

FC18208

Soporte TIC do posto de traballo dixital corporativo

50

25

Aproveitamento

Persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 15.10.2018 ao 16.11.2018

20.11.2018, 9.00 horas

Secretaría Xeral de Igualdade

FC18209

A trata de seres humanos con fins de explotación sexual: a nova escravitude do século XXI

50

21

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 25.10.2018 ao 14.11.2018

19.11.2018, 12.00 horas

Consellería de Facenda

FC18049

O Sistema de información de contratación pública da Comunidade Autónoma de Galicia

15

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

(Sala de cursos do Cixtec)

15, 16, 17, 18, 22, 23, 24 e 25 de outubro

Das 16.30 ás 19.30 horas

25.10.2018, 18.30 horas

FC18183

Sistema de información analítica (SIAN): cubos tributarios, emprego de táboas dinámicas en Excel

15

12

Aproveitamento

Persoal da Axencia Galega Tributaria de Galicia, Consellería de Facenda e persoal da Administración autonómica que realice tarefas de análise de datos para a toma de decisións, que teña que traballar con ferramentas analíticas especialmente na área tributaria (impostos e taxas) ou relacionada con esta.

Presencial

Santiago de Compostela

(Sala de cursos do Cixtec)

Do 24 ao 27 de setembro

Das 16.30 ás 19.30 horas

27.9.2018, 18.30 horas

FC18184

Sistema de información tributaria (Xeito)

15

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, persoal ao servizo da Axencia Tributaria de Galicia con responsabilidade no manexo do sistema de xestión tributaria Xeito.

Presencial

Santiago de Compostela

(Sala de cursos do Cixtec)

5, 6, 7, 8, 12 e 13 de novembro

Das 16.30 ás 20.00 horas

14 de novembro

Das 16.30 ás 20.30 horas

14.11.2018, 19.30 horas

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

FC18178

Análise de información territorial: casos aplicados á ordenación do territorio

25

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

24, 25 e 26 de setembro

Das 9.00 ás 14.00 horas

1, 2 e 3 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas

3.10.2018, 13.00 horas

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

FC18175

A expropiación forzosa e as valoracións

35

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial

Santiago de Compostela

2 e 9 de outubro

Das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.30 ás 18.30 horas

3 e 10 de outubro

Das 10.00 ás 14.00 horas

10.10.2018, 13.00 horas

FC18191

BIM, medidas de implantación na Administración

35

20

Aproveitamento

Arquitectos/as e arquitectos/as técnicos/as de organismos que supervisen proxectos e que leven xestión de obras de edificacións.

Presencial

Santiago de Compostela

13 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas

15 de novembro

Das 16.00 ás 20.00 horas

20 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas

20.11.2018, 18.00 horas

Consellería de Economía, Emprego e Industria (Economía)

FC18180

Básico de xestión enerxética e mantemento de edificios públicos

30

27

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Persoal de administración e servizos das universidades galegas.

Presencial

Santiago de Compostela

1, 2, 3, 8, 9, 10, 15, 16 e 17 de outubro

Das 16.30 ás 19.30 horas

17.10.2018, 18.30 horas

Consellería de Economía, Emprego e Industria (Emprego e Industria)

FC18185

Auditoría interna dos sistemas de xestión da seguridade e saúde no traballo

25

12

Aproveitamento

Persoal técnico do Issga e técnicos dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia.

Presencial

Santiago de Compostela

(Edificio Igape-Issga)

6 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

7 de novembro

Das 9.00 ás 13.00 horas

7.11.2018, 12.00 horas

FC18186

Xestión da idade: estratexias de intervención

30

12

Aproveitamento

Persoal técnico do Issga e técnicos dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia, da Administración autonómica de Galicia e outro persoal interesado da Administración autonómica de Galicia.

Presencial

Santiago de Compostela

(Edificio Igape-Issga)

27 de setembro

Das 9.30 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.30 horas

28 de setembro

Das 9.30 ás 14.00 horas

28.9.2018, 13.00 horas

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Educación

FC18181

O coidado do alumnado con necesidades derivadas de discapacidade motora

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Pontevedra

Do 17 ao 21 de setembro

Das 16.30 ás 20.30 horas

21.9.2018, 19.30 horas

Consellería de Política Social

FC18036

Protección de datos nos centros de protección e nos destinados ao cumprimento das medidas xudiciais da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores

25

25

Aproveitamento

Profesionais que desenvolvan a súa actividade nos centros de protección e centros de reeducación da Comunidade Autónoma, persoal dos equipos de intervención de menores.

Presencial

Santiago de Compostela

22 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.00 ás 20.00 horas

23 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.00 ás 20.00 horas

24 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas

24.10.2018, 13.00 horas

FC18038

Toma de decisións no ámbito de protección á infancia: a mellor opción

25

25

Aproveitamento

Profesionais da Administración autonómica que pola súa vez pertenzan aos ámbitos de protección de menores.

Presencial

Santiago de Compostela

19 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.00 ás 20.00 horas

20 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.00 ás 20.00 horas

21 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas

21.11.2018, 13.00 horas

FC18040

Sistema de información galego de atención á dependencia: novas funcionalidades, cálculo da capacidade económica e copagamento, e dixitalización

30

16

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

15, 22, 23 e 24 de outubro

Das 16.00 ás 20.00 horas

24.10.2018, 19.00 horas

FC18125

Novas ferramentas no procedemento de valoración da discapacidade: IANUS, HSUE (historia social única electrónica), sistema de interoperabilidade Pasaxe

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

23 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas

24 de outubro

Das 16.00 ás 20.00 horas

24.10.2018, 19.00 horas

FC18125

Novas ferramentas no procedemento de valoración da discapacidade: IANUS, HSUE (historia social única electrónica), sistema de interoperabilidade Pasaxe

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Santiago de Compostela

12 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas

21 de novembro

Das 16.00 ás 20.00 horas

21.11.2018, 19.00 horas

FC18189

Adestramento en habilidades sociais e de comunicación para a mocidade

20

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional que traballa no ámbito da mocidade.

Presencial

Santiago de Compostela

11, 13, 18 e 20 de setembro

Das 9.30 ás 14.30 horas

Centro coordinador de información xuvenil

20.9.2018, 13.30 horas

Consellería do Medio Rural

FC18182

Deseño e tratamento estatístico de ensaios agrarios

20

30

Aproveitamento

Persoal técnico da Consellería do Medio Rural e entes públicos adscritos que participan na realización de experimentos de investigación e transferencia no eido agrario pertencente aos seus centros de investigación agraria: CIAM, EVEGA, CIFL, INGACAL.

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Presencial

Mabegondo

21 e 28 de setembro e 5, 11, 19 e 26 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas

26.10.2018, 13.00 horas

FC18195

Tramitación medioambiental dos procesos de reestruturación parcelaria

35

30

Aproveitamento

Persoal relacionado coa reforma das estruturas agrarias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural.

Presencial

Santiago de Compostela

5, 6, 12, 13, 19 e 20 de novembro

Das 9.30 ás 14.30 horas

20.11.2018, 13.30 horas

FC18211

Aplicacións dos sistemas de información xeográfica-ARCGIS (básico)

50

30

Aproveitamento

Axentes forestais e axentes facultativos ambientais dos distritos forestais e persoal técnico dos distritos forestais, dos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais, dos servizos de montes provinciais e dos servizos centrais da Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

Teleformación

Do 15.10.2018 ao 14.11.2018

19.11.2018, 10.00 horas

FC18214

Iniciación á xestión dos fondos europeos agrícolas Feaga e Feader

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración Institucional.

Teleformación

Do 1.10.2018 ao 25.10.2018

30.10.2018, 13.00 horas

Consellería do Mar

FC18216

Básico de salvamento, contra incendios e primeiros auxilios enfocado a portos

30

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo do ente público Portos de Galicia e da Consellería do Mar.

Presencial

Burela

Do 3 ao 6 de setembro Das 16.00 ás 19.00 horas

6.9.2018, 18.00 horas

FC18216

Básico de salvamento, contra incendios e primeiros auxilios enfocado a portos

30

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo do ente público Portos de Galicia e da Consellería do Mar.

Presencial

Ribeira

Do 3 ao 6 de setembro

Das 16.00 ás 19.00 horas

6.9.2018, 18.00 horas

FC18217

Tráfico, atestados, accidentes en solo portuario

20

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo do ente público Portos de Galicia e da Consellería do Mar.

Presencial

Santiago de Compostela

15, 17, 23, 25, 29 e 31 de outubro

Das 16.00 ás 20.00 horas

31.10.2018, 19.00 horas

FC18217

Tráfico, atestados, accidentes en solo portuario

20

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo do ente público Portos de Galicia e da Consellería do Mar.

Presencial

Santiago de Compostela

13, 15, 20, 22, 27 e 29 novembro

Das 16.00 ás 20.00 horas

29.11.2018, 19.00 horas

FC18218

Taxas e tarifas portuarias, cálculo e aplicación práctica

50

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo do ente público Portos de Galicia e da Consellería do Mar.

Teleformación

Do 10.9.2018 ao 3.10.2018

8.10.2018, 13.00 horas

FC18219

Normativa pesqueira e de comercialización de produtos da pesca

50

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo do ente público Portos de Galicia e da Consellería do Mar.

Teleformación

Do 22.10.2018 ao 14.11.2018

19.11.2018, 9.00 horas

Consellería de Sanidade

FC18188

Comercio electrónico de biocidas e produtos químicos

25

12

Aproveitamento

Farmacéuticos inspectores de saúde pública (funcionarios/interinos) da Consellería de Sanidade.

Presencial

Santiago de Compostela

24 e 25 de outubro

Das 9.00 ás 15.00 horas

25.10.2018, 14.00 horas

FC18190

Acreditación hospitalaria en Galicia

25

20

Aproveitamento

Inspectores/as médicos/as, subinspectores/as sanitarios/as e inspectores/as farmacéuticos/as da Consellería de Sanidade.

Presencial

Santiago de Compostela

26, 27, 28 e 29 de novembro

Das 9.30 ás 14.30 horas

29.11.2018, 13.30 horas