Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30981

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO do Decreto 1201/2018 que complementa o Decreto 732/2018 (oferta de emprego público 2018).

Con data do 5 de xuño de 2018 ditouse resolución da Alcaldía número 1201/2018, que aproba o seguinte, tendo en considerando a resolución da Alcaldía número 732/2018:

Primeiro. Incorporar ao Decreto 732/2018, do 28 de marzo, o establecido no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, que queda redactado nos seguintes termos:

Aprobar a seguinte oferta de emprego público do Concello de Noia para o exercicio 2018 de acordo co orzamento e cadro de persoal definitivamente aprobados co seguinte contido:

Posto de traballo

Vínculo

Escala

Subescala

Grupo

Nivel

Acceso

Nº vacantes

1

Auxiliar administrativo

Funcionario

Adm. xeral

Auxilio

C2

18

libre

1

2

Policía

Funcionario

Adm. especial

Servizos especiais

C1

18

libre

3

Ao resultar que concorre infrarrepresentación do sexo feminino no corpo da policía local deste concello, establécese que, de existiren méritos iguais entre dúas ou máis persoas candidatas, serán admitidas as mulleres, salvo se ao considerar obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nas persoas candidatas de ambos os sexos existen motivos non discriminatorios para preferir o home.

Enténdese, para estes efectos, a existencia de infrarrepresentación cando no corpo, escala, grupo ou categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes.

Segundo. Facer pública a presente oferta de emprego público 2018 deste concello mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Contra a presente resolución que pon fin á via administrativa poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Alcaldía do Concello de Noia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do último dos anuncios, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou xulgados do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Noia, 6 de xuño de 2018

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde