Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30983

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de mantemento do sistema de préstamo de bicicletas.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2016034601 (ref. 2437).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de mantemento do sistema de préstamo de bicicletas do Concello de Ourense.

c) CPV: 50111000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 5.6.2017, 8.6.2017 e 26.6.2017.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 55.084,74 euros. IVE: 11.567,80 euros. Importe total: 66.652,54 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de marzo de 2018.

b) Data de formalización: 26 de abril de 2018.

c) Contratista: Bicalia Gestión, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 48.900 euros. IVE: 10.269 euros. Importe total: 59.169 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta admitida e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións, servindo todo isto como motivación.

Ourense, 30 de abril de 2018

Jesús Vázquez Abad
Alcalde