Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30985

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización da contratación do servizo de centro de día para persoas maiores dependentes.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2016012093 (ref. 2415).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de centro de día para persoas maiores dependentes do Concello de Ourense.

c) CPV: 85311100-3.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 24.4.2017, 27.4.2017 e 27.4.2017.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 170.192,31 euros. IVE: 6.807,69 euros. Importe total: 177.000,00 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de abril de 2018.

b) Data de formalización: 21 de maio de 2018.

c) Contratista: Asociación Aixiña.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 169.615,38 euros. IVE: 6.784,62 euros. Importe total: 176.400,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir esta con todos os criterios do prego de condicións.

Ourense, 23 de mayo de 2018

Jesús Vázquez Abad
Alcalde