De conformidade co disposto nos artigos 3.1.a) da Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega, e 13 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 162/2008, do 10 de xullo, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, logo de elección efectuada polo Consello da Cultura Galega no pleno extraordinario do día 31 de maio de 2018, logo da súa comparecencia ante o Parlamento de Galicia, e despois da deliberación do Consello da Xunta de Galicia do vinte e un de xuño de dous mil dezaoito,
DISPOÑO:
Nomear a Rosario Álvarez Blanco presidenta do Consello da Cultura Galega.
Santiago de Compostela, vinte e un de xuño de dous mil dezaoito
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria