A través da Orde do 27 de decembro de 2017 (DOG núm. 12, do 17 de xaneiro de 2018), convocáronse para o ano 2018 as subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.
O artigo 2 da parte dispositiva da Orde do 27 de decembro de 2017, relativo ao crédito orzamentario destinado ás axudas, establece que se destinará unha contía de 589.862,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.732-A 760.1 e prevese a posibilidade de incrementar as ditas cantidades en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, non supoñendo este feito a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.
Para a tramitación dos expedientes de axuda desta convocatoria, o crédito orzamentario inicial deberase incrementar para atender as necesidades de fondos para a súa tramitación. Polo que procede a oportuna modificación orzamentaria incorporando crédito na aplicación 09.20.732-A 760.1, Axudas para a creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe total de 111.178,00 euros.
En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario
Modificar o artigo 2 da parte dispositiva da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 27 de decembro de 2017, no referente ao crédito orzamentario destinado, e incrementar este en 111.178,00 euros, pasando de 589.862,00 euros á cantidade final de 701.040,00 euros.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018
Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria