Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 65/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 5 de xuño de 2018, no proceso de execución seguido por instancia de Alejandra Seoane García contra Aparcamiento Labacolla, S.L., rexistrado co número 65/2018, se acordou citar a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 23 de xullo de 2018, ás 10.40 horas, para a celebración da oportuna comparecencia. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda e o decreto da súa admisión, e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Igualmente, notifícase o auto en que se despacha execución, ditado na presente execución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Alejandra Seoane García fronte a Aparcamiento Labacolla, S.L., parte executada.

En virtude do disposto no artigo 551 da LAC, de aplicación supletoria, consúltese o Rexistro Público Concursal para os efectos previstos no artigo 5 bis, número 4, da Lei concursal, e únase o resultado ás actuacións.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación e citación a Aparcamiento Labacolla, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza