Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 279/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 279/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Vilas Romero contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Compañía Integral de Seguridad, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

PO procedemento ordinario 279/2017

Demandante: José Antonio Vilas Romero

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Compañía Integral de Seguridad, S.A.

Avogado: letrado do Fogasa

Sentenza nº 284/2018.

En Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 279/2017, nas que é parte demandante José Antonio Vilas Romero, asistido pola letrada Sra. Cancela Regueira, e son partes co-demandadas a mercantil Compañía Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a mercantil CIS Compañía Integral de Seguridade, S.A., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei veño ditar a presente con base nos seguintes

Decido:

Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda presentada José Antonio Vilas Romero, asistido pola letrada Sra. Cancela Regueiro, fronte á mercantil Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., fronte á mercantil CIS Compañía Integral de Seguridad, S.A., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente ás dúas empresas co-demandadas Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e CIS Compañía Integral de Seguridad, S.A. por sucesión empresarial a aboar a favor do traballador agora demandante José Antonio Vilas Romero a cantidade de 2.923,57 euros (en concepto de nóminas completas das mensualidades de agosto 2015, setembro 2015, outubro 2015 e novembro 2015) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal percibido por amora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que ten na súa totalidade a condición de cantidade salarial ex artigos 26 e 29.3, ambos os dous do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que puidese corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso ordinario ningún, de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta.

E para que sirva de notificación en legal forma a Protección Vixilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza