Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31566

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Negreira

EDICTO (XVB 212/2017).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza 137/2017

Xuízo verbal número 212/2017

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales

Demandante: comunidade de propietarios Horta de Abaixo, nº 5 A

Avogado: Sr. Montero Vilar

Procurador: Sr. Rieiro Noya

Demandado: Silvia Noya de Meira (en rebeldía)

Obxecto: reclamación de cotas comunitarias.

En Santiago de Compostela o 17 de outubro de 2017.

Resolución:

Estimo integramente a acción exercida pola comunidade de propietarios de Horta de Abaixo, nº 5 A, contra Silvia Noya de Meira e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 704,15 euros, incrementada cos xuros legais percibidos sobre a devandita suma desde a data de interposición da demanda ata o seu completo pagamento e con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza. Con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que fronte a esta non cabe interpoñer recurso de apelación a teor do indicado no punto primeiro do artigo 455 da Lei de axuizamento civil, que establece que as sentenzas ditadas en toda clase de xuízo serán apelables, con excepción das sentenzas ditadas nos xuízos verbais por razón da contía cando esta non supere os tres mil euros.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Silvia Noya de Meira, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza