Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31464

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas destinadas a concellos de Galicia para a reposición da sinalización afectada polos incendios, concedidas ao amparo da sección segunda da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017 (TU100A).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como na base 11 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión de subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04 A2 761A 760.0, proxecto 2016 00002, crédito orzamentario 500.000.00 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao amparo da sección 2ª da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2018

A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.A. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro;
DOG nº 193, do 9 de outubro)
Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Concello

NIF

Nome beneficiario

Proxecto

Obxecto subvención

Subvención concedida

Parada de Sil

P3205800J

Concello de Parada de Sil

761A 7600

Reposición sinalización

1.766,60 €

Carballeda de Avia

P3201900B

Concello de Carballeda de Avia

761A 7600

Reposición sinalización

20.000,00 €

Lobios

P3204300B

Concello de Lobios

761A 7600

Reposición sinalización

3.412,00 €

A Gudiña

P3203500H

Concello da Gudiña

761A 7600

Reposición sinalización

1.008,00 €

Maceda

P3204400J

Concello de Maceda

761A 7600

Reposición sinalización

1.706,10 €

Muíños

P3205200C

Concello de Muíños

761A 7600

Reposición sinalización

19.744,10 €

Vigo

P3605700H

Concello de Vigo

761A 7600

Reposición sinalización

20.000,00 €

As Neves

P3603400G

Concello das Neves

761A 7600

Reposición sinalización

19.988,00 €

Cerdedo-Cotobade

P3600048G

Concello de Cerdedo-Cotobade

761A 7600

Reposición sinalización

7.122,20 €

Salceda de Caselas

P3604900E

Concello de Salceda de Caselas

761A 7600

Reposición sinalización

653,40 €