Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31466

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas destinadas á reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017 nos establecementos turísticos, concedidas ao amparo da sección terceira da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017 (TU100B).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como na base 11 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión de subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04 A2 761A 770.0, proxecto 2015 00005, crédito orzamentario 500.000.00 € que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao amparo da sección 3ª da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2018

A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.A. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro;
DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Axudas destinadas á reparación de danos concedidas a titulares dos establecementos turísticos afectados polos incendios de outubro de 2017 (TU100B)

Beneficiaria

Obxecto subvención

Subvención concedida

Milagros Fernández Castro

Reparación dos danos causados polos incendios aos establecementos turísticos.

8.448,00 €