Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31451

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2018 pola que se aproba o censo definitivo de embarcacións autorizadas a faenar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.

Antecedentes:

1. O 7 de decembro de 2007 publicouse, no Diario Oficial de Galicia, a Orde do 27 de novembro de 2007, pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, modificada pola Orde do 26 de febreiro de 2009.

2. O 14 de marzo de 2018 publicouse, no Diario Oficial de Galicia, a Resolución do 28 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se abría o prazo de presentación de solicitudes (un mes desde a publicación no DOG) para a inscrición de embarcacións no censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.

3. O día 1 de xuño de 2018 publicouse, no Diario Oficial de Galicia, a Resolución do 24 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproba o censo provisional de embarcacións autorizadas a faenar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos. Esta resolución establecía un prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, para presentar cantas alegacións se considerasen oportunas.

4. Dentro do prazo establecido para a presentación de alegacións á Resolución do 24 de maio de 2018, non se produciu ningún tipo de observación ou alegación a esta.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Decreto 87/2007, do 12 de abril, modificado polo Decreto 240/2008, do 2 de outubro, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, establece, no seu artigo 7, as condicións de acceso á reserva, determinando que será necesario que as embarcacións estean inscritas nun censo específico para poder realizar as actividades descritas no seu artigo 5.

2. A Resolución do 28 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, abriu o prazo de presentación de solicitudes (un mes desde a publicación no DOG) para a inscrición de embarcacións no censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, e establecía os requisitos que debían cumprir as embarcacións que solicitasen a súa inscrición no censo.

Así mesmo, establece as condicións que deberán cumprir as embarcacións para desenvolver a actividade pesqueira na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos:

a) Permitir a instalación dun sistema de localización conectado ás baterías principais e de reserva da embarcación, o que impide o seu apagado mentres a embarcación estea operativa (artigo 7.3 da Orde do 27 de novembro de 2007, modificada pola Orde do 26 de febreiro de 2009: «Para facilitar os labores de seguimento e control da actividade pesqueira e/ou marisqueira, os armadores das embarcacións inscritas no censo deberán permitir a instalación de dispositivos de identificación»).

b) Comunicar telefonicamente ou por radio VHF a entrada e saída na Remip Os Miñarzos (artigo 7.1 da Orde do 27 de novembro de 2007: «Todos aqueles que efectúen a actividade pesqueira e/ou marisqueira no ámbito da reserva mariña deben comunicarlle ao persoal asignado á xestión, seguimento e control da reserva a súa entrada na zona da reserva mariña, identificarse convenientemente e notificarlle as capturas no momento de acceder á reserva. Así mesmo, deben notificar a súa saída, o número de artes caladas ou empregadas e as capturas realizadas na zona da reserva. Estas comunicacións deben efectuarse de maneira que lle permitan ao órgano de xestión, seguimento e control, realizar a comprobación dos datos transmitidos»).

c) Comunicación das capturas. Esta información será enviada semanalmente á persoa responsable do seguimento científico a través de estadillos específicos. A información será tratada de xeito confidencial e poderá ser utilizada exclusivamente con fins científicos e de xestión.

3. O día 1 de xuño de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 24 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproba o censo provisional de embarcacións autorizadas a faenar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.

4. A Orde do 27 de novembro de 2007 pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, modificada pola Orde do 26 de febreiro de 2009, define no seu artigo 3 o procedemento que se vai seguir para a elaboración do censo de embarcacións autorizadas. O censo definitivo será aprobado por resolución da persoa titular da Consellería do Mar, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

Aprobar o censo definitivo de embarcacións autorizadas para faenar na reserva mariña de interese pesqueiro, que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, ante a Conselleira do Mar, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2018

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO

Censo definitivo de embarcacións autorizadas para faenar na reserva mariña
de interese pesqueiro Os Miñarzos

Nome da embarcación

Matrícula e folio

Código

Porto base

1

A Charca

3a-CO-5-3-17

58957

Fisterra

2

Ahí Va

3a-CO-5-1246

50587

Fisterra

3

Ana

3a-VILL-3-9991

53260

Fisterra

4

Ana Sara

3a-FE-3-1-05

26545

Corcubión

5

Aquila Primero

3a-VILL-5-2-99

57913

Fisterra

6

Aquiles Número Dos

3a-CO-6-1-13

27523

Muros

7

Axexo Primero

3a-CO-7-8-92

22869

Noia

8

Ayenka

3a-CO-4-1368

57540

Corcubión

9

Bajeriñas de Nylon

3a-CO-4-4-05

58374

Lira

10

Benigno

3a-CO-5-1931

13501

Lira

11

Bismarck Un

3a-CO-7-3-03

26089

Noia

12

Brinca

3a-VILL-3-9439

52131

Fisterra

13

Calima

3a-CO-7-3-12

27511

Noia

14

Carmen

3a-VILL-1-3403

57400

Fisterra

15

Celso Un

3a-VI-3-5-06

27090

Fisterra

16

Cuatro Hermanos

3a-CO-4-318

11315

Lira

17

Chori

3a-VI-6-1-04

26078

Fisterra

18

Dichoso

3a-CO-6-2-97

23682

Lira

19

Dosil

3a-CO-5-1910

56712

Lira

20

Enrique Primero

3a-CO-2-3840

56419

Noia

21

Eva

3a-VI-4-5539

13560

Lira

22

Faro

3a-VILL-1-4295

20001

Porto do Son

23

Fernando

3a-CO-4-1088

54503

Fisterra

24

Illa Lobeira

3a-CO-5-1-95

23235

Corcubión

25

Isaura Dous

3a-CO-5-2-07

58623

Fisterra

26

Javi

3a-CO-5-2029

56707

Corcubión

27

Juana del Mar

3a-CO-6-3-97

23739

Muros

28

Limanda

3a-CO-7-7-98

24166

Noia

29

Los Pepes Uno

3a-CO-6-1-04

58291

Lira

30

Madre Adriana

3a-CO-5-01-17

27780

Corcubión

31

Madre Amelia

3a-CO-5-4-98

23992

Muros

32

Madre Antonia

3a-FE-3-1909

14239

Muros

33

María

3a-CO-6-2222

55359

Noia

34

Mar-Iván

3a-FE-3-2-91

2230

Muros

35

Maresco Tres

3a-FE-4-4-08

27253

A Guarda

36

Mari Nieves

3a-CO-5-2-95

23139

Lira

37

María Jesús

3a-CO-4-1493

57706

Fisterra

38

María Rosa Dos

3a-CO-6-3-94

23119

Muros

39

Mariñeiro Dos

3a-5-4-91

22144

Fisterra

40

Milena

3a-CO-7-3182

55469

Porto do Son

41

Millans

3a-CO-7-311

55423

Porto do Son

42

Mondelo Dos

3a-CO-6-1-94

22876

Muros

43

Naroa

3a-CO-3-4-05

58405

O Pindo

* 44

Nerviosa Dous

3a-CO-6-2197

8523

Muros

45

Noeta Primero

3a-CO-5-3-01

25098

Corcubión

46

Nueva Giralda

3a-CO-4-5-04

58279

Camelle

47

Nueva Pilar

3a-CO-6-1-91

22145

Lira

48

Nuevo Jormar

3a-CO-7-4-08

27249

Noia

49

Nuevo Montecristo

3a-CO-6-2-00

24768

Muros

50

Nuevo Verte

3a-CO-7-2-00

24552

Noia

51

O Arao

3a-CO-7-2-14

27585

Porto do Son

52

O Cuacho

3a-CO-6-1-05

58293

Lira

53

O Furadiño

3a-CO-5-1-13

27623

Corcubión

54

O Mariñeiro

3a-CO-6-2-91

22283

Lira

55

O Mariñeiro Dous

3a-CO-6-2-99

24527

Muros

56

O Mario

3a-VILL-4-2-00

24785

Fisterra

57

O Seixo

3a-CO-6-2-09

27337

Lira

58

Odala

3a-CO-6-6-05

26596

Fisterra

59

Outeiro

3a-CO-5-2-98

24096

Fisterra

60

Pedras da Area

3a-CO-5-2-96

23389

Lira

61

Pepita Consuelo

3a-CO-4-617

11312

Lira

62

Plaia da Virxe

3a-CO-6-2-04

26471

Muros

63

Porto Alegre

3a-CO-7-3515

55217

Lira

64

Praia do Rostro

3a-CO-2-11-05

26915

Fisterra

65

Punta Caldebarcos

3a-CO-6-1-99

24339

Muros

66

Punta dos Remedios

3a-CO-6-7-05

26539

Lira

67

Reflector

3a-CO-7-4-96

23550

Fisterra

68

Rixote

3a-VILL-3-3-00

24840

Fisterra

69

Ronsel Tres

3a-CO-3-2-06

58506

Lira

70

Salseiro

3a-CO-5-1997

56399

Fisterra

71

Segundo Brisa

3a-CO-5-1-11

58785

Corcubión

72

Segundo San Martín

3a-VILL-3-9184

11444

Laxe

73

Segundo Toro

3a-CO-5-02-92

25612

Corcubión

74

Segundo Víctor

3a-VILL-3-6-97

57758

Fisterra

75

Sirena del Mar

3a-CO-4-1722

57624

Muxía

76

Sonai

3a-VI-3-8-95

23516

Lira

77

Soutelo

3a-VI-4-7-01

25123

Fisterra

78

Tadima

3a-VILL-3-2-06

26792

O Pindo

79

Talieira

3a-CO-5-1970

56406

Fisterra

80

Tina

3a-CO-5-1867

56417

Fisterra

81

Tres Gritos

3a-CO-5-1926

56418

Lira

82

Tres Hermanas

3a-CO-4-872

53572

Lira

83

Tres Hermanos

3a-CO-4-983

57453

Fisterra

84

Tres Hermanos

3a-CO-6-2095

55361

Lira

85

Tricha

3a-VILL-2-4866

57160

Fisterra

86

Tsunami

3a-CO-7-4-07

27007

Noia

87

Viber

3a-CO-6-1-15

58899

Lira

88

Viento y Calma

3a-CO-5-4-92

22461

Fisterra

89

Virxen das Areas

3a-CO-5-4-00

24863

Fisterra

90

Virxe do Carme

3a-CO-5-1-96

23432

Lira

91

Vista

3a-VILL-3-2-99

24346

Noia

92

Ximpron

3a-CO-5-3-98

24094

Corcubión

* A embarcación Nerviosa Dous (3a-CO-6-2197) non poderá faenar na reserva mentres non se comprobe a instalación do Sistema de localización e das medidas estruturais da embarcación.