Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31495

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

EXTRACTO da Resolución do 14 de xuño de 2018 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria.

BDNS (Identif.): 405158.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao e que rematasen os seus estudos no curso académico 2007/08 ou posterior.

Segundo. Obxecto

O establecemento das bases reguladoras e das condicións polas cales se rexerá a convocatoria das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 14 de xuño de 2018 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía do Consello da Cultura Galega na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria.

Cuarto. Contía

Financiaranse estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, por un importe total de seis mil euros (6.000,00 euros), que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro será de mil euros mensuais (1.000,00 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2018

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega