Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento dos puntos de información do Servizo Público de Emprego de Galicia da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: a contratación do servizo de mantemento de todos os compoñentes do punto de información do Servizo Público de Emprego de Galicia, para que o sistema quede completamente operativo unha vez arranxada a avaría. Tamén inclúe traslados das unidades segundo sexa requirido pola Administración.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 5 de xaneiro de 2018.

DOUE: 30 de decembro de 2017.

BOE: 13 de xaneiro de 2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

4. Valor estimado do contrato: lote 1: 37.800,00 € (IVE excluído); lote 2: 379.800,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación.

Lote 1: puntos de información INVES: orzamento total de licitación de 15.246,00 € (IVE incluído).

Lote 2: puntos de información PL: orzamento total de licitación de 153.186,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 3.4.2018.

Lote 2: 3.4.2018.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 16.5.2018.

Lote 2: 16.5.2018.

c) Contratista:

Lote 1: Tecnologías Plexus, S.L.

Lote 2: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 12.885,74 € (IVE incluído).

Lote 2: 128.857,38 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia