Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31662

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2018 pola que se habilita unha aplicación orzamentaria e se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2018 e 2019.

Mediante a Orde do 29 de decembro de 2017, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 25, do 5 de febreiro, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

No artigo 35.1 da devandita orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións 09.40.324C.445.0, 09.40.324C.460.0 e 09.40.324C.481.1 cunha contía inicial de un millón cento vinte e catro mil euros (1.124.000 €) distribuído en dúas anualidades, correspondentes a fondos finalistas do Estado. Así mesmo, sinálase que, no caso de resultaren beneficiarias as universidades, habilitarase a aplicación orzamentaria 09.40.324C.444.0.

No artigo 35.2 establécese que a distribución inicial poderá alterarse, despois das modificacións orzamentarias precisas, en función da tipoloxía das entidades que vaian realizar as actividades que resulten beneficiarias.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, faise necesario habilitar a aplicación orzamentaria 09.40.324C.444.0, así como unha redistribución do crédito das distintas aplicacións orzamentarias.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero sí das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2018 e 2019, habilitando a aplicación orzamentaria 09.40.324C.444.0 e redistribuíndo o crédito da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2018

Anualidade 2019

Total

09.40.324C.444.0

14.800,00

8.400,00

23.200,00

09.40.324C.445.0

20.000,00

14.000,00

34.000,00

09.40.324C.460.0

135.200,00

77.185,69

212.385,69

09.40.324C.481.1

480.000,00

374.414,31

854.414,31

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2018

A secretaria xeral de Emprego
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral