Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31736

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da aprobación definitiva do plan parcial do sector do solo urbanizable delimitado SUD-R06-Avda. de Vigo.

O Concello Pleno, na súa sesión do 3.5.2018, aprobou definitivamente o Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado SUD-R06-Avda. de Vigo, promovido por María del Carmen, Alejandro e Juan José Sobrino Granja, e Iberian Retail Parks, S.L., segundo o documento refundido de decembro de 2017 (sen visar), asinado dixitalmente polo arquitecto, Ramón Corrochano Royo (SITAG Arquitectura) na data do 18.4.2018 e presentado ante o Concello en igual data (rexistro de entrada núm. 2018-E-RE-776); e o informe complementario: emenda Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado SUD_R06 de data setembro de 2017 (presentado ante o Concello na data do 13.11.2017 – 2017-E-RE-1013, redactado na data do 20.9.2017 polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Braulio López Gómez -sen visar-).

Medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do Plan parcial: segundo a Resolución do 22.6.2016 ditada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio), pola que formulou o informe ambiental estratéxico do devandito Plan parcial (exp. 2016AAE1864; consultable na súa ligazón código web 1779/2016).

Enderezo electrónico en que figure o contido íntegro do Plan parcial á disposición do público: www.aestrada.gal.

Xustificación da integración no Plan parcial dos aspectos ambientais e xustificación de como se tomaron en consideración no Plan parcial, o estudo ambiental estratéxico, os resultados da información pública e das consultas, e a declaración ambiental estratéxica, así como, de ser o caso, as discrepancias xurdidas no proceso: segundo o informe da Xefatura do Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) do 25.8.2016 (exp. 2016AAE1864; código web 1779/2016).

Razóns da elección da alternativa seleccionada, en relación coas alternativas consideradas: segundo o anexo 4 do documento refundido do Plan parcial e o informe complementario aprobados.

A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan parcial aprobado quedan condicionadas á súa publicación de conformidade co establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), á inscrición do instrumento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia de conformidade co disposto no artigo 88 da LSG e ao que dispoña para tal efecto a lexislación vixente en materia de réxime local (artigos 65.2 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local -entrada en vigor, logo de cumprimento dos trámites preceptivos e logo de transcorreren 15 días hábiles desde a publicación completa do texto no Boletín Oficial da provincia-).

O Plan parcial aprobado de xeito definitivo, como instrumento de planeamento urbanístico de desenvolvemento do Plan xeral de ordenación municipal, será inmediatamente executivo tras a súa entrada en vigor, segundo o disposto no artigo 82 da LSG.

Os instrumentos de planeamento son disposicións de carácter xeral, polo que a súa aprobación definitiva non poderá ser obxecto de recurso en vía administrativa, senón tan só a través do correspondente recurso contencioso-administrativo, nos termos previstos na lexislación aplicable.

O que se publica para os efectos previstos nos artigos 82.2 da LSG e 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, aprobatorio do regulamento daquela.

A Estrada, 8 de maio de 2018

José C. López Campos
Alcalde presidente