Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31809

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 15 de xuño de 2018 pola que se modifica a autorización do centro privado María Assumpta, de Noia.

A titularidade do centro privado María Assumpta, de Noia, solicita a modificación da autorización do centro docente para a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Xestión administrativa, e autorización para impartir o ciclo superior (CS) Xestión de vendas e espazos comerciais.

Conforme a Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de setembro de 2003 (DOG núm.187, do 26 de setembro) o centro conta con autorización para impartir 6 unidades de educación infantil, 12 unidades de educación primaria, 8 unidades de educación secundaria obrigatoria, 1 unidade de educación especial, o CM Xestión administrativa e o CM Actividades comerciais.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar a implantación do ciclo superior (CS) Xestión de vendas e espazos comerciais, e a supresión do ciclo medio (CM) Xestión administrativa, co cal o centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro privado (CPR).

Denominación específica: María Assumpta.

Código do centro: 15010769.

Domicilio: avda. Vizconde de San Alberto, 32.

Localidade: Noia.

Concello: 15200 Noia.

Provincia: A Coruña.

Titular: Hijas de Jesús.

Composición resultante:

• Educación infantil: 6 unidades.

• Educación primaria: 12 unidades.

• Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

• Educación especial: 1 unidade.

• Formación profesional:

1 CM Actividades comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

1 CS Xestión de vendas e espazos comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria