Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31812

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de xuño de 2018 pola que se modifica a autorización do Centro Privado Plurilingüe San Miguel 2, de Vigo.

O representante da titularidade do Centro Privado (CPR) Plurilingüe San Miguel 2, de Vigo (Pontevedra), solicita a autorización dunha (1) unidade de educación especial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar unha (1) unidade de educación especial no CPR Plurilingüe San Miguel 2, que queda configurado como se sinala:

Denominación xenérica: Centro Privado (CPR) Plurilingüe.

Denominación específica: San Miguel 2.

Código: 36011211.

Enderezo: rúa Tomás A. Alonso, 13.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Código postal: 36208.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio San Miguel, S.L.Composición resultante:

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 6 unidades, das modalidades de Ciencias, Humanidades e ciencias sociais, e a de Artes.

Educación especial: 1 unidade.

Formación profesional:

– 1 ciclo formativo de formación profesional básica en Informática e comunicacións (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

– 1 ciclo formativo de grao superior en Administración e finanzas (2 unidades para 30 alumnos/as unidade).

Quenda tarde-noite:

– Educación para persoas adultas na modalidade presencial: 6 unidades de bacharelato das modalidades de Ciencias, Humanidades e ciencias sociais, e a de Artes.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia na unidade que se autoriza, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria