Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31854

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de xuño de 2018 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

A Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril) pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia establece, na súa base vixésima, que as persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Na Orde do 28 de xullo de 2017 (DOG do 23 de agosto) faise pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición convocado pola Orde do 7 de abril de 2017.

Pola Orde do 4 de agosto de 2017 (DOG do 25 de agosto) nomeáronse funcionarias en prácticas do corpo de mestres as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril), agás a Santiago José Cruz Muñoz, mestre da especialidade de primaria ao cal se lle concede o aprazamento da fase de prácticas e a Santiago Eduardo Pato Rodríguez, mestre da especialidade de idioma estranxeiro: inglés, que superara o procedemento selectivo no corpo de mestres convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril) ao cal tamén se lle concede o aprazamento da fase de prácticas.

Pola dita Orde do 4 de agosto de 2017 tamén se nomeou funcionaria en prácticas a Cristina Campos Alonso, que non completara a fase de prácticas no procedemento selectivo do corpo de mestres convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril).

Por Resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos do 19 de decembro de 2017 concédese o aprazamento da fase de prácticas á opositora Vanesa María Villar García, que superou o procedemento selectivo no corpo de mestres convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Pola Orde do 11 de setembro de 2017 (DOG do 15 de setembro) nomeáronse funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos para ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril), agás a Noelia María Galán Rodríguez, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Inglés, e a María Eulalia Agrelo Costas, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Lingua e Literatura Galega, ás cales se lles concede o aprazamento da fase de prácticas.

Pola dita Orde do 11 de setembro de 2017 tamén se nomeou funcionario en prácticas a Rubén Figueroa Sestelo do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Matemáticas, e a Rafael López García do corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas nos procedementos selectivos dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril).

Con data do 1 de setembro de 2017 incorporáronse a un centro para a realización da fase de prácticas.

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril), agás a Santiago José Cruz Muñoz, a Santiago Eduardo Pato Rodríguez e a Vanesa María Villar García, os tres do corpo de mestres, por teren concedido todos eles o aprazamento da fase de prácticas, e a Noelia María Galán Rodríguez, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Inglés, e a María Eulalia Agrelo Costas, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Lingua e Literatura Galega, xa que ambos tamén teñen concedido o aprazamento da fase de prácticas.

Segundo. Declarar apta na fase de prácticas e aprobada definitivamente a opositora do corpo de mestres Cristina Campos Alonso que completou a fase de prácticas e que fora seleccionada no procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de mestres convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril).

Terceiro. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente os opositores Rubén Figueroa Sestelo do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Matemáticas, e Rafael López García do corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas, que tiñan concedido aprazamento da fase de prácticas e que foron seleccionados no procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria