Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31857

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (DCT 622/2015).

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento seguido por instancia de Elisa Jiménez Jiménez fronte a Wilmer Romero Vidal se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Pontevedra, 21 de xullo de 2017

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 622/2015, en que é parte demandante, Elisa Jiménez Jiménez, representada pola procuradora Natalia Troitiño Abalo e asistida da letrada María del Carmen Sanmartín Suárez, e como parte demandada, Wilmer Romero Vidal, declarado en rebeldía procesual.

(…)

Resolución:

Estimo a demanda presentada pola procuradora Natalia Troitiño Abalo en nome e representación de Elisa Jiménez Jiménez, contra Wilmer Romero Vidal, en rebeldía procesual, e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 26 de abril de 2013, que foi inscrito no tomo 13, páxina 121 da Sección Segunda do Rexistro Civil de Mansilla de las Mulas, con todos os efectos legais que tal declaración implica. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se outorgasen. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

Todo isto sen facer expresa imposición das custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Mansilla de las Mulas.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, que quedan advertidas de que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o demandado, Wilmer Romero Vidal, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 21 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza