O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia (DOG núm. 135, do 16 de xullo), recolle, no artigo 3, a composición e réxime de elección dos/as seus/súas membros, e no artigo 5, o nomeamento destes/as pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo, por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O parágrafo 2 do citado artigo establece que se algún/algunha membro perde a condición de representatividade pola organización que o elixiu, esta deberá comunicar, á Administración turística autonómica no prazo máximo dun mes, o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.
Mediante Resolución do 20 de marzo de 2017, da directora da Axencia Turismo de Galicia (DOG núm. 60, do 27 de marzo), foron nomeados os membros do Consello do Turismo de Galicia. Unha vez nomeados, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) realizou unha proposta de modificación dos membros propostos inicialmente.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Cesar como membro suplente do Consello do Turismo de Galicia a Ramón Bouzas Castaño en representación da Fegamp.
Segundo. Nomear como membro suplente do Consello do Turismo de Galicia a Carlos Castaño Ferreirós en representación da Fegamp.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2018
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia