Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31927

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre o estudo de detalle para a ordenación de volumes no CEIP Ramón de la Sagra.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 18 de maio de 2018, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle para a ordenación de volumes no CEIP Ramón de la Sagra, redactado polos técnicos do Departamento de Planeamento en maio de 2018 e promovido pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, expediente 631/2018/43.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pódese consultar no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (praza Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres, ou na páxina web do Concello www.coruna.es/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes.

A Coruña, 4 de xuño de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda