Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31926

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castrelo de Miño

ANUNCIO da oferta de emprego público 2018.

Con data do 7 de xuño de 2018 ditouse resolución da Alcaldía que acorda o seguinte:

Primeiro. Aprobar a seguinte oferta de emprego público deste concello para o ano 2018, de acordo co orzamento e co cadro de persoal definitivamente aprobados co seguinte contido:

Posto de traballo

Vínculo

Escala

Subescala

Grupo

Nivel

Nº vacantes

Administrativo-tesoureiro

Funcionario de carreira

Admón. xeral

Administrativo

C1

22

1

Segundo. Facer pública a oferta de emprego público 2018 deste concello mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante a Alcaldía do Concello de Castrelo de Miño, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do último dos anuncios, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, sen perxuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Castrelo de Miño, 7 de xuño de 2018

Xurxo Rodríguez Méndez
Alcalde