Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32050

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN853A).

A Constitución española, no seu artigo 44.2, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado.

Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle no seu artigo 27.19 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Estratexia Europa 2020 (EE2020) fixa o marco xeral de actuación cara ao que deben enfocarse os esforzos da política de cohesión europea, que financian os fondos estruturais e de investimento europeos, entre eles, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). A EE2020 fixa tres modelos de crecemento e desenvolvemento que basea, pola súa vez, en varios criterios de intervención para lograr os devanditos tipos de crecemento: desenvolvemento intelixente: favorecer unha economía baseada no coñecemento e a innovación; desenvolvemento sustentable: promoción dunha economía máis eficiente no uso dos recursos, máis ecolóxica e competitiva; e desenvolvemento integrador: fomento dunha economía con altas taxas de emprego que permita o desenvolvemento da cohesión social territorial. A EE2020 fixa cinco obxectivos para seren cumpridos a nivel europeo, con fitos específicos para cada país.

Trátase duns obxectivos que se asocian directamente aos obxectivos temáticos (OT) que aparecen recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (en diante, Regulamento (UE) nº 1303/2013); e as prioridades de investimento fixadas no Regulamento (UE) nº 1301/2013, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006 do Consello.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, ten por obxecto establecer o marco para o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, da transferencia e valorización de resultados e da innovación en Galicia en todas as súas vertentes, así como da súa xestión eficiente. Esta lei, no seu capítulo III, establece o Plan galego de investigación e innovación como instrumento fundamental de planificación e coordinación das políticas en materia de investigación, transferencia, valorización e innovación en Galicia, atribuíndolle, no seu artigo 15.3, a consideración de plan estratéxico de subvencións, para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O primeiro Plan que iniciou a senda de definición de políticas asociadas ao concepto de especialización intelixente foi o Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C). Este Plan é o antecedente da vixente Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia) que foi aprobada polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 7 de novembro de 2013, e que define o marco para as políticas de investigación e innovación en Galicia para o período 2014-2020, estruturándose arredor de 3 retos que orientarán a definición detallada da estratexia de actuación asociando a cada un destes retos unhas prioridades e liñas de acción específicas aliñadas cos obxectivos e os principais programas de innovación a nivel rexional, nacional e europeo; e, para a selección de prioridades de investimento, subobxectivos temáticos e actuacións do obxectivo temático 1 do Feder. A RIS3 Galicia recolle ente os seus catro programas cadro o programa Innova en Galicia, no cal se integran instrumentos de desenvolvemento novidosos concibidos para que o investimento público exerza como elemento tractor na mobilización e atracción de capital privado para os procesos de innovación galegos. Entre estes instrumentos, as unidades mixtas de investigación teñen como propósito o desenvolvemento de iniciativas colaborativas focalizadas nun contexto limitado de áreas de singularidade estratéxica para o conxunto da rexión mediante a creación de consorcios estratéxicos rexionais entre as universidades, os centros de innovación tecnolóxica e as empresas.

As unidades mixtas de investigación son unha fórmula importante de achegamento entre o mundo empresarial e o científico/técnico para desenvolver liñas de investigación e valorización conxuntas. Con esta liña de actuación preténdese incrementar o número de unidades mixtas en Galicia mediante convocatorias específicas de apoio á súa creación, posta en marcha e consolidación das xa existentes, con vistas a acadar os seguintes obxectivos:

– Configurar grupos mixtos de traballo entre organismos de investigación e empresas que se convertan en catalizadores do desenvolvemento de liñas de I+D+i.

– Desenvolver proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento.

– Posta en valor dos grupos de investigación.

– Aproximar os organismos de investigación á empresa.

– Atraer a Galicia liñas de I+D+i.

– Incentivar a transferencia de resultados da I+D+i ao mercado.

As axudas que agora se convocan están, pois, en consonancia cos retos estratéxicos contidos na RIS3 Galicia e tamén co esquema da Unión Europea reflectido no Programa marco de investigación, desenvolvemento e innovación «Horizonte 2020» co fin de procurar, a medio e longo prazo, a obtención de retornos sociais.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes. Entre os seus obxectivos destacan o de definir e desenvolver as políticas públicas que permitan ás empresas e ao resto de axentes o desenvolvemento de iniciativas de innovación construídas a partir de coñecementos que incrementen a súa competitividade e fomenten o seu crecemento; definir e desenvolver as políticas públicas orientadas á valorización do coñecemento desenvolvido polas empresas, universidades e centros de investigación de Galicia; fomentar a investigación e o desenvolvemento científico e tecnolóxico, a través de iniciativas e programas específicos na Comunidade Autónoma galega; promover as relacións de colaboración entre os distintos axentes do Sistema galego de innovación impulsando a creación e o fortalecemento de redes de coñecemento entre axentes públicos e privados desde unha perspectiva de intercambio e de investigación aberta; favorecer a transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre os diferentes axentes e, particularmente, entre os organismos públicos de investigación e as empresas.

Mediante esta resolución convócanse en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2018, as axudas para incentivar a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación que promovan as relacións de colaboración entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial a través do desenvolvemento conxunto de liñas de I+D+i de alto impacto. As axudas concédense en función dunha serie de criterios que, de forma obxectiva, valoran a calidade científico-técnica, capacidade e características destas unidades.

Esta convocatoria enmárcase nas liñas de actuación orientadas a avanzar cara estruturas colaborativas e integradas arredor das cadeas de valor de innovación estratéxicas para Galicia no marco da Estratexia de especialización intelixente RIS3 Galicia.

Con estas novas estruturas, coas que se ordenarán e agruparán os diferentes axentes do Sistema galego de innovación, búscase reducir o diferencial coas rexións europeas líderes en innovación sobre a base dunha crecente especialización e a participación activa do sector privado, co obxectivo de desenvolver un novo modelo de crecemento e emprego cualificado capaz de atraer talento internacional.

Os organismos de investigación e o tecido empresarial, como axentes claves do Sistema galego de innovación, son estratéxicos no desenvolvemento destas novas estruturas colaborativas que afondarán no desenvolvemento dos retos da RIS3 para mellorar a competitividade de Galicia máis alá de 2020.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e as axudas concedidas no marco desta resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) nº 187, do 26 de xuño de 2014 (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014), en concreto á categoría de axudas regulada no artigo 25 deste - axudas a proxectos de investigación e desenvolvemento.

A presente convocatoria é coherente coa normativa comunitaria e coas directrices elaboradas pola Comisión Europea sobre as opcións de custos simplificados que teñen por obxecto a simplificación da xestión administrativa e das obrigas de xustificación impostas ás entidades beneficiarias, e redución da posibilidade de erro e a carga administrativa aos promotores do proxecto. Esta convocatoria acolle na súa regulación a posibilidade recollida no artigo 68 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, segundo a cal distingue entre custos directos, suxeitos ao réxime ordinario de xustificación por medio de documentos xustificativos do gasto e pagamento; e custos indirectos, suxeitos ao réxime de custos simplificados a través dun tanto por cento global.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos,

DISPÓN:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.

As unidades mixtas concíbense como un instrumento favorecedor da cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2018 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN853A), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Artigo 2. Financiamento

1. As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación coa seguinte distribución :

Eixe

OE

Beneficiarios

Desagregación medida

(CE_Actividades)

Capítulo
orzamentario

Ano 2018

(€)

Ano 2019

(€)

Ano 2020

(€)

Ano 2021

(€)

Total

(€)

01

1.2.3

Organismos investigación privados

061_70

09.A3.561A.7

(2016 00015)

73.132,00

1.402.500,00

1.402.500,00

1.371.868,00

4.250.000,00

0.1

1.2.3

Organismos investigación públicos

060_69

09.A3.561A.7

(2016 00012)

76.868,00

247.500,00

247.500,00

178.132,00

750.000,00

Total

150.000,00

1.650.000,00

1.650.000,00

1.550.000.00

5.000.000,00

Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

2. As axudas reguladas nesta resolución estarán cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: eixe 1, Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, prioridade de investimento 1.2, Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes, obxectivo específico 1.2.3, Fomento e xeración de coñecemento de fronteira e de coñecemento orientado aos retos da sociedade, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes e actuación CPSO 1.2.3.2, Actividades de investigación e innovación para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos público-privados: Centros Mixtos de I+D+i.

3. As axudas da presente convocatoria fináncianse no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %, computándose como investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que teñan constituída unha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i.

2. As unidades mixtas de investigación deberán estar constituídas por un único organismo de investigación de Galicia e unha única empresa, excepcionalmente dúas, conforme os requisitos establecidos no artigo seguinte.

3. Tal e como se recolle no artigo 2.83 do Regulamento (UE) nº 651/2014, considéranse organismos de investigación e difusión de coñecementos as entidades (por exemplo, universidades ou centros de investigación, organismos de transferencia de tecnoloxía, intermediarios de innovación ou entidades colaborativas reais ou virtuais orientadas á investigación) independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar de maneira independente investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental ou difundir amplamente os resultados destas actividades mediante o ensino, a publicación ou a transferencia de coñecementos. Cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos das ditas actividades deberán contabilizarse por separado. Ademais, as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, poderán non gozar de acceso preferente aos resultados que xere.

Así, no marco desta resolución, consideraranse organismos de investigación:

– Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.

– As universidades do Sistema universitario galego.

– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.

– Os centros en Galicia do Instituto Español de Oceanografía.

– As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.

– Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.

4. As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes, segundo as seguintes definicións:

– Pequena e mediana empresa: segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros, ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considerarase pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos deberán recollerse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

– Grande empresa, enténdese toda empresa que non cumpre cos requisitos para ser considerada como peme nos termos establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

5. As unidades mixtas de investigación non teñen personalidade xurídica propia, polo que se deberá facer constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos membros da unidade que terán, igualmente, a condición de beneficiarios. O organismo de investigación actuará como representante único da unidade mixta, como único interlocutor coa Administración en todo o procedemento e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á unidade mixta.

O organismo de investigación será o único perceptor das axudas da Axencia Galega de Innovación previstas nesta convocatoria.

Os integrantes das unidades mixtas, empresas e organismos de investigación serán beneficiarios dos resultados xerados no desenvolvemento das liñas de investigación/actividades das unidades subvencionadas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro da presente convocatoria. Para tal efecto, tanto a empresa como o organismo de investigación participarán e colaborarán directamente nas actividades de I+D+i da unidade mixta coa achega de coñecemento e dos recursos propios que se especifican no artigo seguinte.

6. Non poderán acceder ás condicións de beneficiario as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, ni tampouco as empresas en crise, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 4. Requisitos das unidades mixtas de investigación

Para os efectos desta convocatoria enténdese por unidade mixta de investigación a colaboración entre un organismo de investigación e unha empresa para o desenvolvemento de liñas de I+D+i de forma coordinada e conxunta e en que se cumpran os seguintes requisitos:

1. Entidades participantes.

A unidade mixta de investigación estará constituída por un único organismo de investigación dos sinalados no artigo 3 desta resolución e unha única empresa.

Excepcionalmente, poderá formar parte da unidade mixta unha segunda empresa cando exista unha complementariedade xustificada e unha participación equilibrada co resto de entidades participantes nela. Neste caso, as dúas empresas participantes na unidade mixta deberán pertencer ao mesmo grupo empresarial no sentido do disposto no artigo 42 do Real decreto do 22 de agosto de 1885 polo que se publica o Código de comercio.

O organismo de investigación actuará como representante da unidade mixta de investigación ante a Axencia Galega de Innovación, como solicitante da axuda e como único interlocutor con ela.

2. Áreas de investigación.

As áreas de investigación das unidades mixtas estarán en consonancia cos retos estratéxicos e prioridades contidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia) que se detallan no anexo I.

Todos os integrantes da unidade mixta poderán participar dos resultados que xera a súa actividade coas condicións e limitacións establecidas polas partes para o efecto.

3. Constitución e duración das unidades mixtas.

– As unidades mixtas de nova creación acreditaranse mediante acordo escrito de constitución asinado entre as partes. A data deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude nin posterior ao prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión. A data de sinatura deste acordo marcará o inicio do período mínimo de duración de 3 anos da unidade mixta e o inicio da súa actividade.

– De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014 considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do comezo da actividade. Prodúcese un efecto incentivador cando as axudas cambian o comportamento dunha empresa de tal maneira que esta emprenda actividades complementarias que non realizaría, ou que, sen as axudas, realizaría dunha maneira limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade nos cales a empresa incorrería de todos os xeitos nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica. A data de inicio das actividades presentadas non debe entenderse unicamente como unha data a partir da cal se poden imputar gastos, senón realmente como a data do seu comezo.

4. Localización.

As dependencias da unidade mixta deberán estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan e localizadas en Galicia.

5. Orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta de investigación.

a) O orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta deberá de ser de 2.000.000 de euros para un marco temporal de 3 anos, dividido entre os integrantes da unidade mixta.

b) É requisito que a participación da/das empresa/as teña un importe mínimo de 1.000.000 de € e un valor medio mínimo do 40 % do orzamento total da unidade mixta.

c) A participación do organismo de investigación debe de ter un valor medio mínimo do 10 % do orzamento total da unidade mixta. Tendo en conta que o organismo de investigación será o único perceptor da axuda da Axencia Galega de Innovación tal e como se especifica no artigo 3 desta convocatoria, a porcentaxe de participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta calcularase descontando da achega total do organismo de investigación a subvención que este reciba de Gain.

d) Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de concesión. No caso de que no momento da finalización da duración da unidade mixta de investigación se comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten como mínimo os límites sinalados na táboa que segue, a Axencia Galega de Innovación poderá resolver a viabilidade da unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das actuacións previstas e a consecución dos fins para os que se concedeu a subvención.

Importes mínimos

Orzamento mínimo da unidade mixta

1.500.000,00 €

Participación da/s empresa/s

750.000,00 € e

40 % do orzamento total da unidade mixta

Participación do organismo de investigación

10 % do orzamento total da unidade mixta

Non obstante, aplicaranse a estes supostos as penalizacións e previsións contidas no artigo 29 (gradación dos incumprimentos, reintegros e sancións).

e) A participación da empresa nas actividades da unidade mixta poderá ser mediante a execución con medios propios e/ou mediante achegas monetarias ao organismo de investigación. O importe destas achegas será destinado integramente polo organismo de investigación ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e non computarán para os efectos da achega do organismo de investigación.

Artigo 5. Conceptos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento das actuacións da unidade mixta de investigación para as que foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

A estes gastos seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2. Para a anualidade 2018, só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) e a data límite de execución establecida no artigo 26 desta resolución. Para o resto de anualidades, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de execución da anualidade anterior e a data límite de xustificación da anualidade corrente.

3. Os custos subvencionables desagregáronse nas seguintes partidas:

a) Custos directos: os custos directos son aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade se pode demostrar. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1. Custos de persoal:

a) Poderanse subvencionar os custos de persoal propio e de nova contratación (investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar que realice actividades de investigación), no tempo imputado ao desenvolvemento das actividades de I+D+i da unidade mixta. Cando esta imputación non sexa do cen por cento, na memoria que se acompaña á solicitude deberán xustificarse os motivos das porcentaxes sobre a base das tarefas concretas para desenvolver na unidade mixta, sen que sexa suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.

b) Serán subvencionables os custos de persoal propio do organismo de investigación e da empresa dedicado ás actividades da unidade mixta de investigación, unicamente cando este persoal desempeñe as citadas actividades nas dependencias da unidade e teña unha dedicación media mínima a elas, para cada período de xustificación previsto nesta convocatoria, do 50 % e do 25 %, respectivamente.

Como persoal propio da empresa unicamente serán subvencionables os custos do persoal desprazado a Galicia para traballar na unidade mixta e que durante o último ano tivese o seu centro de traballo fóra da Comunidade Autónoma galega.

c) Serán subvencionables os custos de persoal de nova contratación que se incorpore ao organismo de investigación ou á empresa para a realización das actividades da unidade mixta de investigación, unicamente cando este persoal desempeñe as citadas actividades nas dependencias da unidade e teña unha dedicación media mínima a elas, para cada período de xustificación previsto nesta convocatoria, do 100 % e do 50 %, respectivamente.

É requisito deste novo persoal que no momento da contratación non teña vinculación laboral co organismo de investigación e non a teña nin a tivese coa/s empresa/s integrantes da unidade mixta no último ano.

d) No caso dos organismos públicos de investigación, das universidades públicas, ou en xeral dos organismos públicos con orzamentos consolidables, non se subvencionarán os custos do persoal que xa estean cubertos polas dotacións previstas na Lei de orzamentos xerais do Estado ou nas leis de orzamentos da Comunidade Autónoma.

e) Os custos de viaxe, indemnizacións ou axudas de custo non teñen natureza de gastos de persoal.

f) Non serán subvencionables os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión da unidade mixta de investigación.

g) Calquera modificación no cadro de persoal asignado á unidade mixta deberá ser motivada e xustificada, e deberá ser aprobada pola Axencia Galega de innovación.

h) Só serán subvencionables aqueles gastos de persoal relacionados con actividades que a entidade non levaría a cabo se non realizase a operación subvencionada. Consideraranse custos de persoal subvencionables os custos brutos de emprego do persoal do beneficiario nos termos indicados na norma 6, punto 2 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2. Custos de equipamento técnico e material instrumental de nova adquisición, na medida e durante o período en que se utilicen para as actividades de investigación da unidade mixta.

Se o equipamento e material se dedica exclusivamente ás actividades da unidade mixta e a súa vida útil se esgota ao termo do período da súa duración, considerarase como gasto o custo de adquisición. Deberá xustificarse na solicitude a vida útil deste equipamento ou material.

Se o equipamento e material non se utiliza exclusivamente para as actividades da unidade mixta, por exceder a súa vida útil da duración dela, só serán imputables os custos de amortización que correspondan á duración da unidade mixta, calculados sobre a base das boas prácticas contables. Para que este custo sexa considerado subvencionable, deberá detallarse na solicitude o procedemento de cálculo seguido para calcular os custos de amortización tendo en conta o tempo concreto de imputación ás actividades da unidade mixta.

Serán subvencionables os custos de depreciación dos bens amortizables sempre que se cumpran as condicións establecidas na norma número 8 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Feder 2014-2020.

Conforme o indicado no punto b) da citada norma, os activos depreciados non poderán ser adquiridos con axuda de subvencións públicas nin a adquisición pode ter sido obxecto de cofinanciamento por parte dos fondos.

Dentro desta epígrafe considerarase:

– A instalación do equipamento sempre e cando sexa estritamente necesaria para a súa posta en funcionamento.

– As licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as actividades de I+D+i da unidade mixta e non de uso xeral.

Neste epígrafe non se considerarán os seguintes gastos:

– Instalacións de edificios (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións...) e as que non sexan estritamente necesarias para o funcionamento de equipamento científico e técnico.

– Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D da unidade mixta, como zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina...

– Licenzas de software xeral.

3. Servizos tecnolóxicos externos: consideraranse servizos tecnolóxicos externos aquelas actividades prestadas por terceiros de forma puntual, tales como: análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes. Se a actividade que se vaia realizar forma parte da propia investigación, deberá ser considerada como subcontratación.

Os servizos tecnolóxicos externos deberán ser necesarios para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta de investigación e estar debidamente xustificadas na solicitude.

4. Materiais, subministracións e produtos similares: poderanse imputar os gastos de materiais directamente destinados ás actividades da unidade mixta de investigación. Para estes efectos, deberán recollerse de forma detallada e concisa no punto correspondente do impreso da solicitude. Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto.

5. Subcontratacións con outros organismos de investigación ou outras empresas non vinculadas aos integrantes da unidade mixta agás as excepcións recollidas no artigo 25 desta convocatoria, relacionadas exclusivamente con actividades da unidade mixta, sempre e cando as ditas actuacións contratadas a terceiros non supoñan a execución total da actividade que constitúe o seu obxecto. As subcontratacións non poderán superar o 50 % da actividade subvencionada e deberán estar debidamente pormenorizadas e xustificadas, e estarán sometidas ao cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 25 desta convocatoria.

6. Actuacións de promoción e difusión dos resultados da unidade mixta de investigación. Estes gastos poderán ser imputados co límite máximo do 2 % do orzamento. Nesta epígrafe englóbanse, entre outros, os seguintes tipos de gasto: difusión e publicidade, preparación de material de difusión, alugamento de salas e organización de conferencias, eventos, congresos e seminarios. Estas actuacións deberán estar exclusiva e unicamente dirixidas á difusión dos resultados da unidade mixta.

7. Os custos de viaxe e aloxamento para actividades que se precisen no desenvolvemento das liñas de investigación da unidade mixta e exclusivamente para o persoal adscrito á unidade. Estes gastos poderán ser imputados co límite máximo do 5 % do orzamento. Esta epígrafe abarcará unicamente gastos de viaxe (por exemplo billetes, quilometraxe do vehículo, peaxes e gastos de aparcadoiro), custos de comida e custos de aloxamento nas contías máximas sinaladas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razóns de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia (actualizado por Resolución do 29 de decembro de 2005, DOG núm. 250, do 30 de decembro) para un grupo I.

b) Custos indirectos: os custos indirectos son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. En aplicación da opción prevista no artigo 68.1.b) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e normas números 5 e 13 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020, o custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 10 % aos custos de persoal imputados ás actividades e dependencias da unidade mixta.

Artigo 6. Ofertas

No caso de adquisición de bens de equipos, ou a contratación de servizos ou subministracións e materiais, cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere os 15.000 euros no global do proxecto para un mesmo provedor, deberán achegarse un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non existan no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren. Estas excepcións deberán xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e achegarase unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta máis vantaxosa.

Non obstante, no caso de que as entidades beneficiarias reúnan os requisitos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para ter a consideración de poder adxudicador deberán someterse á disciplina de contratación pública nos termos previstos no devandito texto legal.

Artigo 7. Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como derradeiro día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderse que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Artigo 8. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento administrativo

1. Entregarase unha única solicitude que deberá ser presentada polo organismo de investigación como representante da unidade mixta e nela estará integrada a información de todos os membros integrantes dela.

2. Os organismos de investigación, como representantes das unidades mixtas, deberán achegar coa solicitude (anexo II) os seguintes documentos:

a) Anexo III. Declaración responsable de cada un dos membros integrantes da unidade mixta.

Nos anexos II e III inclúense as seguintes declaracións responsables, relativas a cada un dos membros da unidade mixta:

1. Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Declaración responsable de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas do programa unidades mixtas de investigación recollidas nesta resolución.

3. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.

5. Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6. Declaración de que son veraces os datos que se consignan na solicitude relativos á conta bancaria en que se efectuará o pagamento das axudas, así como que a entidade solicitante é o seu titular, de conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.

7. Declaración responsable de non estar suxeito a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarara unha axuda ilegal ou incompatible co mercado común.

8. Declaración responsable de que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión. Non obstante, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá o solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

9. Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo das actividades para as que se solicita (efecto incentivador).

10. Declaración responsable de que ten a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir cos obxectivos da unidade mixta para a que se solicita a axuda.

11. Declaración responsable de que as dependencias da unidade mixta de investigación deberán de estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan e localizadas en Galicia.

12. Declaración responsable de que, se é o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído na proposta.

13. Declaración responsable de que, no caso de dispoñer dun plan de igualdade implantado no centro, deberá mantelo durante o período de execución do proxecto.

b) Anexo IV. Formulario da memoria da unidade mixta de investigación.

A memoria da unidade mixta de investigación realizarase cubrindo o formulario que se inclúe como anexo IV a esta resolución, no cal se recollerá toda a información, tanto de carácter científico-técnico como económica, que permita avaliar a proposta de constitución da unidade mixta conforme os criterios de valoración e selección sinalados no artigo 17.

Con independencia da información recollida neste formulario, poderase incluír información e documentación complementaria.

c) Anexo V. Declaración responsable da categoría de empresa (peme ou grande empresa). Non obstante, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá o solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

d) Declaración asinada polas entidades participantes en que manifestan a súa intención de constituír unha unidade mixta de investigación atendendo aos requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria indicado no punto anterior. Coa sinatura desta declaración as partes manifestan a súa conformidade coa presentación da solicitude de axuda ao abeiro da presente convocatoria polo organismo de investigación como entidade representante da unidade mixta.

No prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión, os beneficiarios, a través do organismo de investigación como representante da unidade mixta, deberán presentar o acordo de constitución da unidade mixta asinada polas entidades participantes.

O acordo de constitución deberá conter, como mínimo, a seguinte información:

– Características e obxectivos da unidade.

– Descrición da/s liña/s de investigación que vai desenvolver a unidade.

– Duración da unidade mixta, que non poderá ser inferior a 3 anos, para os efectos desta convocatoria.

– Definición dos compromisos que adquire cada participante da unidade mixta nos diferentes ámbitos: científico-técnico, económico e organizativo.

– Definición dos compromisos e planificación para a explotación e participación dos resultados xerados.

Este acordo de constitución poderá ser modificado ao longo da súa vixencia, sempre e cando os cambios non afecten aspectos tidos en conta para a concesión das axudas. Calquera modificación das condicións establecidas no acordo deberá ser comunicado á Axencia Galega de Innovación.

Os anexos II (solicitude), III (declaracións responsables), IV (memoria), V (declaración da categoría de empresa), VI (declaración axudas para presentar coa solicitude de anticipo; artigo 27 e xustificación da subvención; artigo 26) e VII (declaración dedicación persoal a presentar coa xustificación da subvención; artigo 26) estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal

3. No será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á entidade solicitante a súa presentación, ou, no súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas relativos aos organismos de investigación e empresas integrantes das unidades mixtas:

– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia - Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada, e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia - Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Axencia Galega de Innovación practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora e do procedemento administrativo común.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban facer durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Información aos interesados

1. Sobre este procedemento administrativo, que ten o código indicado no artigo 1, poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, na súa epígrafe de axudas.

b) Nos teléfonos 981 54 10 96 e 881 99 96 33 da devandita Axencia.

c) No enderezo electrónico xestion.gain@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 13. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, caso en que deberá achegar coa solicitude os certificados acreditativos, que deberán estar en vigor, de estar ao día nas seguintes obrigas: coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública de Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

3. A Axencia Galega de Innovación informará os beneficiarios de que a aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións, que será obxecto de publicación na páxina web de Gain (http://gain.xunta.gal), onde figurarán os nomes dos beneficiarios, as operacións, a cantidade de fondos públicos asignada, así da como outra información prevista no anexo XII en relación co artigo 115.2 do Regulamento (UE) 1303/2013, do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

4. Consonte o disposto no artigo 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a cesión de datos que debe efectuarse á Intervención Xeral do Estado para a inclusión destes na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do afectado. Neste ámbito non será de aplicación o disposto no artigo 21.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

5. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios, e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos. Así mesmo, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade, a través do Portal de transparencia e goberno aberto, dos datos referidos á subvención referida. Todo isto consonte o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e na Lei 1/1982, do 5 de maio, pola que se regula a protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

Artigo 14. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Axencia Galega de Innovación publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 15. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións. Corresponderalle á directora da Axencia Galega de Innovación ditar a resolución de concesión.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria ou non se acompaña da documentación exixida, requirirase o interesado mediante anuncio publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución. Se a instrución do procedemento o aconsella, o órgano competente poderá substituír esta publicación na páxina web pola notificación individualizada.

A documentación requirida presentarase electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados por expertos e remitidos á comisión de selección.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

6. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 16. Comisión de selección

1. A comisión de selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes, de acordo coa valoración realizada atendendo aos criterios fixados no artigo seguinte, e emitirá un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta.

2. A composición da comisión de selección será a seguinte:

1. Presidencia: un/unha director/a de área da Axencia Galega de Innovación ou persoa en quen delegue.

2. Secretaría: un funcionario ou funcionaria da Axencia Galega de Innovación.

3. Tres vogais designados pola directora da Axencia Galega de Innovación.

3. No informe que elabore a comisión de selección figurarán, de xeito individualizado, as solicitudes propostas para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe do custo subvencionable e da subvención para cada un deles sen superar o crédito dispoñible e tendo a intensidade de axuda prevista no artigo 18 desta convocatoria.

4. A comisión de selección para a realización do seu labor poderá solicitar todos os informes técnicos que considere precisos e emitirá unha acta na cal se concrete o resultado da selección efectuada.

Artigo 17. Criterios de valoración e selección

A valoración de cada solicitude que reúna os requisitos exixidos nesta convocatoria realizarase sobre un total de 100 puntos que se outorgarán segundo os criterios de valoración, que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión das subvencións que se indican:

A) Calidade científico-técnica da unidade mixta (máximo 36 puntos):

1. Obxectivos. Valorarase a calidade, contido e orixinalidade na formulación dos obxectivos. Estes obxectivos deberanse definir de maneira clara e concisa. A descrición da finalidade da unidade mixta deberá ser obxectiva e concreta (máximo 12 puntos).

2. Planificación. Valorarase o nivel de excelencia do plan de traballo para a consecución dos obxectivos da proposta e o seguimento do seu avance (máximo 8 puntos).

a) Descrición das fases e actividades (máximo 4 puntos).

b) Dirección e coordinación dos traballos (máximo 2 puntos).

c) Cronograma (máximo 2 puntos).

3. Grao de innovación das liñas de investigación/innovación (máximo 8 puntos).

a) Xustificación do carácter innovador dos obxectivos (máximo 4 puntos).

b) Novidades ou melloras substanciais respecto ao estado actual da arte (máximo 4 puntos).

4. Viabilidade das liñas de investigación/innovación (máximo 8 puntos).

a) Compatibilidade e coherencia cos obxectivos da unidade mixta (máximo 4 puntos).

b) Avaliación dos puntos críticos e factores de risco (máximo 4 puntos).

B) Consonancia e adecuación das áreas de investigación da unidade mixta aos retos estratéxicos e prioridades contidos na RIS3 Galicia. Grao de aliñamento coas áreas de actuación asociadas ás prioridades (máximo 10 puntos).

C) Avaliación dos integrantes da unidade mixta: capacidade técnica, antecedentes, complementariedade, colaboracións (máximo 19 puntos).

1. Antecedentes e experiencia nas liñas de investigación/innovación das entidades participantes da unidade mixta (máximo 5 puntos).

2. Complementariedade científico-técnica das entidades participantes para o desenvolvemento dos obxectivos da unidade mixta (máximo 5 puntos).

3. Capacidade técnica das entidades participantes nas liñas de investigación da unidade mixta/valoración da calidade e traxectoria científico-técnica do equipo humano integrante da unidade mixta (máximo 5 puntos).

4. Colaboración científico-técnica da unidade mixta con pemes, no desenvolvemento das actividades da unidade a través da sinatura do correspondente acordo de colaboración mediante a modalidade de subcontratación. Valorarase con 1 punto por cada 25.000 euros subcontratados ata un máximo de 4 puntos.

Segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede de 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede de 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considerarase pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos deberán recollerase as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

D) Definición e presentación de proxectos en Horizonte 2020 e outros programas internacionais (máximo 10 puntos).

1. Capacidade da unidade mixta para presentar proxectos en Horizonte 2020 e outros programas internacionais. Valorarase a experiencia dos integrantes da unidade mixta na elaboración de propostas neste tipo de convocatorias (máximo 5 puntos).

2. Resultados obtidos con éxito nos últimos 5 anos. Valorarase cun punto cada proxecto concedido neste tipo de programas ata un máximo de 5 puntos. Deberase achegar documentación acreditativa do proxecto concedido, ademais de indicar de forma tabulada o título do proxecto, o programa específico e o ano de concesión. De omitir algún punto desta información o resultado con éxito non será tido en conta.

E) Desenvolvemento de novas tecnoloxías e impacto tecnolóxico (máximo 15 puntos).

1. Efecto tractor sobre a cadea de valor. Valorarase a capacidade de arrastre da unidade mixta no seu ámbito (máximo 7,5 puntos).

2. Impacto científico-tecnolóxico dos resultados previstos sobre o sector de actividade da unidade mixta (máximo 7,5 puntos).

F) Impacto socioeconómico da unidade mixta (máximo 10 puntos).

1. Interese socioeconómico da unidade mixta atendendo ao estado actual da arte (máximo 4 puntos).

2. Xeración de emprego. Valorarase con 1 punto cada emprego xerado ata un máximo de 4 puntos.

3. Igualdade de xénero. Participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto. Se a porcentaxe de mulleres dentro do equipo é igual ou superior ao 50 % – 2 puntos.

A comisión de selección considerará financiables as solicitudes que acaden unha puntuación mínima total igual ou superior a 60 puntos. Proporase a concesión das solicitudes por orde decrecente ata esgotar os créditos dispoñibles, quedando, de ser o caso, como suplentes aquelas para as cales non se dispón de crédito suficiente pero que acadaron unha puntuación igual ou superior á puntuación mínima indicada.

No caso de empate nas puntuacións das solicitudes, co fin de promover a incorporación do principio de igualdade enunciado no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, decidirase a favor da solicitude no que a entidade solicitante teña implantado un plan de igualdade, segundo a declaración responsable que se cubrirá no formulario de solicitude.

Artigo 18. Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas concederanse en forma de subvención, dentro dos límites de intensidade previstos no artigo 25 do Regulamento (UE) nº 651/2014, establecéndose unha intensidade de axuda dun 30 % do orzamento total da unidade mixta.

Intensidade máxima das axudas da Axencia
Galega de Innovación

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre una
empresa e un organismo de investigación

30 %

30 %

30 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre una empresa e un organismo de investigación

2. A axuda da Axencia Galega de Innovación non superará o importe máximo de 1.500.000 €.

3. As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán compatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, salvo que se superen as intensidades máximas de axuda establecidas no Regulamento (UE) nº 651/2014 que se indican na táboa seguinte ou que, de acordo coa súa normativa reguladora, fosen incompatibles.

Intensidades máximas - Regulamento (UE) nº 651/2014

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre una
empresa e un organismo de investigación

80 %

75 %

65 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre una empresa e un organismo de investigación

60 %

50 %

40 %

Sen prexuízo do anterior, as axudas reguladas nestas bases serán incompatibles con outras axudas ou instrumentos cofinanciados con Fondos EIE (Fondos Estruturais e de Investimento Europeo) destinados a financiar a mesma partida de gasto, de conformidade co previsto no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Entenderase por partida de gasto o custo subvencionable constituído polos recursos consumidos para levar a cabo a acción subvencionada (por exemplo, os gastos de persoal correspondentes ás horas realmente traballadas na acción ou a amortización do equipo durante o período de execución desta e segundo a porcentaxe de utilización real do dito equipo no marco da acción).

4. Son actividades subvencionables a investigación industrial e o desenvolvemento experimental. Para os efectos desta resolución, entenderanse por tales conceptos as definicións contidas no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

a) Investigación industrial: investigación planificada ou estudos críticos encamiñados a adquirir novos coñecementos e aptitudes que poidan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou permitan mellorar considerablemente os xa existentes; comprende a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construción de prototipos nun contorno de laboratorio ou nun contorno con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto cando sexa necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.

b) Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados; pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos. Entre as actividades poderá figurar a elaboración de proxectos, deseños, plans e demais tipos de documentación sempre e cando non vaia destinada a usos comerciais.

O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornas representativos de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa achegar novas melloras técnicas a produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente asentados; pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que poidan utilizarse comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, mesmo cando as ditas modificacións poidan representar melloras deles.

5. As axudas da presente convocatoria fináncianse no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do 80 %, computándose como investimento privado elixible dos beneficiarios o 20 % restante.

Artigo 19. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 20. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola comisión de selección á directora da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada.

Na proposta de resolución figurarán, de forma individualizada, as solicitudes propostas para obteren a subvención, e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención para cada un deles ou, se é o caso, a causa de denegación.

No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

2. Á vista da proposta formulada e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non seren tidos en conta outros feitos ou outras alegacións e probas máis que as aducidas polos interesados, a directora da Axencia Galega de Innovación ditará as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación, que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. As resolucións expresarán, cando menos:

– A denominación da unidade mixta e as entidades beneficiarias da axuda.

– O importe da axuda concedida e o orzamento total da unidade mixta.

– A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

– A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberá notificarse a cada beneficiario (cada un dos integrantes da unidade mixta) un documento que estableza as condicións da axuda para a operación. A resolución de outorgamento da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, contía da subvención e obrigas que correspondan ao beneficiario, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

5. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de 5 meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 desa lei, a notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

7. No prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión o interesado deberá achegar o acordo de constitución da unidade mixta de investigación previsto no artigo 8 desta convocatoria, asinado polas entidades nela participantes. Transcorrido ese prazo, en ausencia de contestación, o beneficiario perderá o dereito a percepción da subvención e tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no regulamento do citado texto legal.

Artigo 21. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 22. Réxime de recursos

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte en que se produzan os efectos do silencio administrativo, perante a directora da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 23. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no termo e forma aprobados que se recollen nas resolucións de concesión. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, o órgano concedente poderá modificar a resolución de concesión.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención así como a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

3. Poderase acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que este presente a solicitude de modificación cunha anterioridade mínima de 10 días hábiles á data de finalización do prazo de xustificación desa anualidade e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación da actividade subvencionable estea comprendida dentro da finalidade e dos requisitos das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da subvención.

d) Que non sexan tidos en conta requisitos ou circunstancias que debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución tivesen lugar con posterioridade a ela.

1. A solicitude de modificación debe formulala o representante da unidade mixta, deberá motivar os cambios que se propoñen e debe xustificar a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

2. En ningún caso se autorizarán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado. A autorización de modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle ao interesado.

Artigo 24. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención, e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións de axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases de convocatoria e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) Cumprir a normativa aplicable ao Feder, en particular, o regulamento (UE) nº 1303/2013 e ao regulamento (UE) nº 1301/2013, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 75 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

g) Comunicar á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

h) Desenvolver as actividades da unidade mixta na Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Situar as dependencias da unidade mixta en Galicia, fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan.

j) Presentar o acordo de constitución da unidade mixta de investigación, no prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión.

k) Destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, isto debe ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro do prazo indicado, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante ese período.

l) Mantemento dos investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos durante un prazo mínimo de cinco anos desde o pagamento final ao beneficiario en cumprimento do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do 17 de decembro de 2013.

m) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas á autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

n) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web da unidade mixta ou optativamente nas páxinas web de cada un dos integrantes da unidade e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os membros da unidade mixta, os obxectivos e os principais avances da unidade mixta de investigación, que deberán divulgarse ano a ano. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación» así como cofinanciado con cargo aos Fondos Feder. Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

o) Realizar un evento de difusión ao comezo das actividades da unidade mixta para explicar os seus obxectivos e outro á súa finalización para expoñer os resultados no suxeitos a confidencialidade. En ambos os eventos se poñerá de manifesto o apoio do Feder e da Axencia Galega de Innovación ás actuacións da unidade mixta.

p) Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e atendendo ao sinalado no capítulo II do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2016, o beneficiario deberá, durante a realización da operación e mantemento do investimento:

1. Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando, en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como referencias á Unión Europea, ao fondo que dá apoio á operación e ao lema «Unha maneira de facer Europa».

2. Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do proxecto facendo unha breve descrición na páxina web da unidade mixta ou optativamente no sitio da internet da unidade mixta nas páxinas web de cada un dos integrantes da unidade, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.

3. Colocar, nun lugar ben visible para o público como, por exemplo, á entrada das dependencias da unidade mixta, un cartel ou placa permanente de tamaño mínimo A3. O cartel ou a placa indicarán o nome e o obxectivo principal da operación, e elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

4. No caso de persoal de nova contratación para a unidade mixta, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.3), ao nome da unidade mixta de investigación e a presente convocatoria.

Para o resto de persoal dedicado ás actividades da unidade mixta, o beneficiario (todos os integrantes da unidade mixta) deberá comunicar por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.3) e incluirá unha mención expresa ao nome da unidade mixta, a presente convocatoria e a porcentaxe de imputación do seu tempo ás actividades da unidade mixta.

q) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de dous anos por tratarse de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 de euros, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. O órgano concedente informará o beneficiario da data de inicio a que se refire este obriga.

r) Informar do nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a actuación 1.2.3.2, que lles sexan de aplicación (para a actuación 70: Investimento privado en paralelo ao apoio público en proxectos de innovación ou I+D; para a actuación 69: investigadores-año participando en proxectos cofinanciados), ao mesmo tempo que presenta a xustificación de gastos.

s) No caso de proxectos seleccionados, por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previstos no artigo 24.k) desta resolución.

t) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 25. Subcontratacións

1. Será de aplicación as entidades integrantes da unidade mixta de investigación o disposto nos artigos 27 da Lei 9/2007 e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

2. Enténdese por subcontratación cando se concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención. A subcontratación deberá estar debidamente xustificada e motivada na solicitude de axuda.

3. Non se poderá subcontratar entre as entidades integrantes da unidade mixta de investigación.

4. As entidades integrantes das unidades mixtas de investigación poderán subcontratar ata o 50 % do importe da actividade subvencionada.

5. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da actividade subvencionada e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se subscriba por escrito.

b) Que a súa subscrición a autorice previamente a Axencia Galega de Innovación.

Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no parágrafo anterior.

6. En ningún caso o beneficiario poderá subcontratar con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunhas das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades solicitantes de axuda na mesma convocatoria que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non alcanzaren a valoración suficiente.

e) Persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, sen prexuízo da excepción regulada no parágrafo seguinte en relación coas entidades vinculadas.

Excepcionalmente, en aplicación do artigo 27.7 da Lei de subvencións de Galicia, a Axencia Galega de Innovación poderá autorizar a subcontratación de entidades vinculadas cos integrantes da unidade mixta de investigación cando sexa imprescindible para a execución das actividades da unidade mixta e sempre que se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

Artigo 26. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda, o organismo de investigación, como representante da unidade mixta, deberá presentar electronicamente, accedendo á carpeta da cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención de todos os membros da unidade mixta utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

2. Prazos de xustificación:

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2018

Ata o 9 de novembro de 2018

Ano 2019

Ata o 10 de outubro de 2019

Ano 2020

Ata o 10 de outubro de 2020

Ano 2021

Ata o 10 de outubro de 2021

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2018

– Desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 31 de outubro de 2018

Ano 2019

– Desde o 1 de novembro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019

Ano 2020

– Desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020

Ano 2021

– Desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021

3. Documentación xustificativa científico-técnica:

A documentación xustificativa científico-técnica das actividades desenvolvidas será única para todos os membros da unidade mixta de investigación e responsabilidade do organismo de investigación como representante da unidade, e constará de:

a) Informe científico-técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) Memoria redactada en formato libre sobre a execución e evolución das actividades da unidade mixta en que deberá incluírse a xustificación das normas de publicidade do artigo 24.

4. Documentación xustificativa económica:

O organismo de investigación, como representante da unidade mixta de investigación, deberá presentar un resumo global de execución económica para a totalidade das actividades da unidade e unha carpeta separada para a execución económica de cada un dos membros que compoñen a unidade, en que conste:

a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade, de todas as administracións públicas, utilizando o modelo que aparece como anexo VI a esta resolución, e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal. De ser o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desas outras axudas.

b) Certificados acreditativos, que deberán estar en vigor, de estar ao día das seguintes obrigas: coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no caso de que o solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia.

Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública de Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Un resumo de execución económica en que conste o concepto de gasto, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por tipoloxía de gastos.

d) Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 48 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da citada lei. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegar unha copia autentica electrónica dos documentos orixinais en papel.

e) Documentación xustificativa do pagamento: copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica sempre que conten co selo do banco. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e a satisfacción do importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto a que se refiren.

No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, este deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento. Non se aceptarán aqueles documentos de pagamento que non permitan identificar claramente as facturas vinculadas á unidade mixta de investigación a que corresponden.

No caso en que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase dunha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas á unidade mixta de investigación, será necesario achegar o correspondente extracto bancario, acompañado da orde de pagamento da empresa/organismo de investigación selada polo banco coa relación detallada das facturas.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibos do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

f) No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade co respecto ao IVE.

g) Para a xustificación de custo de persoal, deberá achegarse:

1. Certificación dos custos de persoal emitida polo responsable de recursos humanos co visto e prace do responsable do organismo de investigación/empresa, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado as actividades da unidade mixta, que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta e líquida mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo ao organismo de investigación/empresa, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e seguridade social) segundo a dedicación de cada traballador ás actividades da unidade mixta.

2. Xustificación da comunicación por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder.

3. Declaración asinada polo responsable de recursos humanos do organismo de investigación/empresa cos importes mensuais de retencións do IRPF dos traballadores dedicados ás actividades da unidade mixta, acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe considerarase xustificado coa presentación da citada declaración quedando as entidades obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo dun mes desde a data límite de xustificación establecida na convocatoria.

4. Copia das nóminas do persoal dedicado ás actividades da unidade mixta e copia dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a listaxe da orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores incluídos, que deberá estar selada pola entidade bancaria.

5. Boletíns de cotización á Seguridade Social e copia dos seus xustificantes de pagamento. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe poderá ser xustificado na anualidade seguinte.

6. Informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social para cada un dos traballadores.

7. No caso de persoal de nova contratación, deberá achegarse copia do contrato de traballo en que poida verificarse a contratación para o desenvolvemento de actividades da unidade mixta de investigación. No contrato farase mención expresa ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.3), ao nome da unidade mixta de investigación e a presente convocatoria.

8. Declaración responsable da non participación do persoal da unidade mixta, financiado con cargo ás axudas da presente convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración pública ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación á unidade mixta, a porcentaxe do 100 %, utilizando o modelo que aparece como anexo VII a esta resolución e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal

h) Tres ofertas de diferentes provedores cando o importe do gasto subvencionable, no caso de adquisición de bens de equipo e contratación de servizos ou subministracións e materiais, igual ou superior os 15.000 euros no global do proxecto cun mesmo provedor. Cando polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren, deberá achegarse unha xustificación de tal circunstancia. Se a elección entre as ofertas presentadas non tivese recaído na proposta económica máis vantaxosa, deberá achegarse unha memoria xustificativa.

Non obstante, no caso de que as entidades beneficiarias reúnan os requisitos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para ter a consideración de poder adxudicador deberán someterse á disciplina de contratación pública nos termos previstos no devandito texto legal.

i) Declaración asinada polo representante legal, de cada membro da unidade mixta, na que se detalle o cadro de amortización de cada equipo incluído no seu orzamento calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, a esta documentación deberán xuntarse os estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A Axencia Galega de Innovación poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da entidade.

j) No caso de subcontratacións deberá achegarse a seguinte documentación:

1. Factura/s emitida/s pola entidade subcontratada en que se especifique claramente o título das actividades da unidade mixta financiadas.

2. Xustificantes de pagamento da factura/s da subcontratación.

3. Memoria realizada polo subcontratista das súas actividades na unidade mixta de investigación, en que se debe incluír unha relación das persoas que participaron nelas, unha descrición especifica das tarefas realizadas por cada unha delas e a porcentaxe de dedicación á unidade mixta.

k) Certificación dos custos de viaxe emitida polo responsable de recursos humanos co visto e prace do responsable do organismo de investigación/empresa, en que conste o nome da persoa que realiza a viaxe, o lugar da viaxe, as datas da viaxe e motivo da viaxe en relación coas actividades desenvolvidas pola unidade mixta. Os custos da viaxe estarán desagregados por conceptos de gasto: transporte (avión, taxi, autobús, coche particular…), aloxamento (nº de noites) e manutención (por días) Esta certificación deberá estar acompañada das correspondentes facturas e xustificantes de pagamento, así como da copia dos billetes/tarxetas de embarque do medio utilizado.

l) Documentación xustificativa da achega monetaria da empresa ao organismo de investigación para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta de investigación acompañada da copia das transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica sempre que conten co selo do banco.

m) Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade previstas no artigo 24 da convocatoria de conformidade co Regulamento (UE) nº 1303/2013 e no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014.

5. Sen prexuízo da documentación indicada nos puntos anteriores, poderá requirirse que se acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

6. A documentación presentarase electronicamente. Os beneficiarios responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presentan. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Nos casos de imposibilidade funcional e /ou tecnolóxica que impidan a presentación electrónica da documentación, esta poderá presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso, as facturas que se presenten deberán ser orixinais ou copias compulsadas.

7. Se, transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, o organismo de investigación como representante da unidade mixta non presenta a documentación pertinente segundo o indicado, a Axencia Galega de Innovación requirirao para que no prazo improrrogable de dez días a presente, advertíndolle de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Artigo 27. Pagamento

1. Os pagamentos da axuda da Axencia Galega de Innovación efectuaranse ao organismo de investigación como representante do conxunto de entidades que integran a unidade mixta de investigación.

2. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta resolución, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, nos artigos 62 e 63 do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria.

3. Pagamentos anticipados.

– Primeira anualidade: poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido para esa anualidade. No caso de que a entidade fixese constar na solicitude de subvención que solicita a modalidade de pagamento anticipado, no prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión, deberá presentar a documentación que se indica a seguir, noutro caso, enténdese que renuncia ao anticipo:

a) Unha solicitude de pagamento anticipado, utilizando o modelo publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) A declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas (anexo VI), utilizando o modelo dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. e publicado tamén na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

– Anualidades seguintes: poderá anticiparse como máximo ata o 50 % do importe da subvención concedida para a anualidade correspondente sempre que, conxuntamente cos pagamentos anticipados e á conta realizados ata ese momento, non se supere o 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados conforme o sinalado no punto 5 deste artigo, tras a xustificación e pagamento da anualidade anterior e presentación da documentación sinalada anteriormente. No caso de que a xustificación da anualidade anterior sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe desta anualidade.

4. Pagamentos parciais á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución das actividades obxecto da axuda.

5. O importe conxunto dos pagamentos parciais á conta e dos pagamentos anticipados non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

6. Recibida a documentación xustificativa da subvención, a Axencia Galega de Innovación, antes de proceder ao seu pagamento final, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007. Será obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación e no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto polo representante da Administración coma polo beneficiario.

Artigo 28. Garantías

No caso de pagamentos á conta ou anticipos, non se precisará a presentación de garantías de acordo co disposto nos artigos 65.4 e 67.4 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 29. Gradación dos incumprimentos, reintegros e sancións

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como os compromisos asumidos nela durante o tempo de duración da unidade mixta de investigación. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

2. Serán causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda ou ocultamento daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou da finalidade para o que a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obrigación de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultamento nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obrigación de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 24 da presente resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera administracións ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) O incumprimento dos prazos de mantemento da actividade, do emprego ou do investimento, así como do plan de igualdade do centro, no caso de aplicación como criterio de desempate, de acordo co establecido no artigo 24 destas bases.

g) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

h) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

i) En relación coas operacións que comprendan investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos se nos dez anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario a actividade produtiva se somete a unha relocalización fóra da Unión (excepto cando o beneficiario sexa unha peme) ou no prazo que determine a normativa de axudas de Estado, segundo o artigo 71.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

3. O incumprimento total dos fins para os que se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do investimento financiable ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

4. Serán causas de incumprimento total:

– Non xustificar a execución dun orzamento para a unidade mixta de investigación dun mínimo de 1.500.000,00 €.

– Non xustificar un mínimo de 750.000,00 € como participación da empresa ao orzamento da unidade mixta de investigación.

– Non xustificar unha participación da empresa cun valor medio mínimo do 40 % do orzamento da unidade mixta de investigación.

– Non xustificar unha participación do organismo de investigación cun valor medio mínimo do 10 % do orzamento da unidade mixta de investigación.

– A disolución ou paralización das actividades da unidade mixta de investigación con anterioridade ao período mínimo de duración da mesma previsto no artigo 4, agás que a empresa fose declarada en concurso de acredores. Neste caso e desde ese momento non se tramitarán novos pagamentos e non procederá o reintegro das cantidades recibidas se están adecuadamente xustificadas.

5. Sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tidas en conta na concesión das axudas, poderase apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

• No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, debendo, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción.

• Non manter os investimentos obxecto da subvención durante o período establecido suporá a perda da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período incumprido.

• Non comunicar a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas suporá o reintegro do exceso percibido máis os xuros de demora e a perda dun 5 % da subvención concedida, unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

• Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto segundo a normativa comunitaria de conformidade co artigo 24 destas bases, suporá a perda dun 2 % da subvención concedida.

• Non comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención suporá a perda do 5 % da subvención concedida.

• Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, suporá a perda dun 2 % da subvención concedida.

No caso de condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar en fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc), estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecten en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

6. Se o incumprimento deriva da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

7. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. En caso de incumprimento do establecido no artigo 24.d) procederase conforme o establecido no artigo 4.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Artigo 30. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega de Innovación, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento aos beneficiarios as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades da unidade mixta, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, poderá propoñer a suspensión da subvención concedida.

3. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar anualmente aos beneficiarios a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades da unidade mixta en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Previo ao pagamento final da subvención será obrigatorio realizar unha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación. Ademais desta actividade final de inspección, a Axencia, no marco do seu plan anual de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

5. Conforme o sinalado no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento pola Axencia Galega de Innovación, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da administración coma polo beneficiario.

6. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión do programa operativo Feder, así como ás verificacións do artigo 125.5 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 31. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 32. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do cofinanciamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

a) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

b) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

c) Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre as disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

Supletoriamente, seralles de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional única. Datos de carácter persoal

1. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Unidades mixtas de investigación 2018 co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Galega de Innovación. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Axencia Galega de Innovación, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: praza de Europa, nº 10 A, 6º B, 15707 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a xestion.gain@xunta.gal

2. As propostas que resulten seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de operacións prevista nos artigos 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

3. Así mesmo, serán incluídos no ficheiro denominado Xestión, seguimento e control de proxectos e fondos europeos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda, a través dun correo electrónico dirixido a dx.politica.financeira.tesouro.fondos.europeos.facenda@xunta.gal

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Retos, prioridades e obxectivos da Estratexia de Especialización
Intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia)

Reto 1: Xestión innovadora de recursos naturais e culturais

Modernización dos sectores tradicionais galegos a través da introdución de innovacións que incidan no melloramento da eficiencia e rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

Prioridades asociadas:

1.1. Valorización dos subprodutos e residuos xerados polas cadeas de produción vencelladas ao mar mediante a súa utilización como compoñentes de produtos cosméticos, aditivos alimentarios, aplicación farmacolóxicas, para conseguir unha diminución significativa nos residuos xerados e acadar un posicionamento nos mercados de produtos innovadores con alto valor engadido. (Valorización-Mar).

As áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva, artellándose arredor dos seguintes obxectivos específicos:

– Loxística da concentración, recollida e transporte de subprodutos e residuos ligados a actividades dos sectores primarios vencellados ao mar.

– Aplicación de residuos e subprodutos na produción de biocombustibles.

– Novas aplicacións para a valorización destes residuos (como compoñentes de produtos cosméticos, aditivos alimentarios e aplicacións farmacolóxicas, etc.) a partir de subprodutos e descartes da actividade pesqueira.

– Novas actividades e modelos de negocio de servizos relacionados con estas novas aplicacións.

– Mellora significativa en un contexto global da produción ou comercialización de bens ou servizos asociados aos usos actuais dos residuos e subprodutos ligados ás actividades do sector primario.

– Mellora da capacidade de absorción de coñecemento nas empresas, en particular das pemes, orientado ao desenvolvemento endóxeno e colaborativo das actividades de innovación recollidas nesta epígrafe.

– Calquera outra que mellore a competitividade do sector e fomente a creación de emprego.

1.2. Desenvolvemento do sector acuícola galego para converter a rexión en referente internacional na xeración de novos produtos e servizos de base tecnolóxica aplicados á acuicultura. (Acuicultura).

As áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva artellándose arredor de tres grandes áreas de actuación:

– Potenciar a diversificación con actuacións nos seguintes eidos: biodiversidade, sistemas produtivos (instalación de tecnoloxías de cultivo) e comercialización (produtos e presentacións).

– Reforzamento da capacidade de absorción de coñecemento das estruturas produtivas para emprego da biotecnoloxía como vector para acadar unha maior eficiencia produtiva e enerxética nas distintas fases dos cultivos; na optimización do uso da auga e xestión dos residuos da produción, na alimentación e na loita contra as patoloxías.

– Mellora da comercialización e rastrexabilidade. Co apoio de ferramentas TIC potenciar a imaxe de marca e incrementar o valor engadido achegando información da calidade alimentaria, rastrexabilidade de produto, das garantías hixiénico-sanitarias e, en definitiva, da seguridade alimentaria dos produtos procedentes da acuicultura.

– Calquera outra iniciativa que contribúa á mellora da competitividade do sector e fomente a creación de emprego estable e de calidade.

Modernización dos sectores.

1.3. Diversificación do sector enerxético galego para acadar un melloramento significativo da eficiencia no aproveitamento de recursos naturais galegos priorizando a biomasa e a enerxía mariña. (Biomasa e Enerxías Mariñas).

As áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva, de aí que se promovesen neste eido iniciativas de investigación, desenvolvemento e innovación en equipos, técnicas e tecnoloxías tanto de explotación e aproveitamento da biomasa como da propia produción de combustibles, entre as que se poden salientar:

– Técnicas de explotación e aproveitamento forestal, innovando na maquinaria de recollida e tratamento de biomasa.

– Procesos asociados á fabricación e loxística de distribución de combustibles.

– Caldeiras de alta eficiencia e policombustibles.

– Gasificación de biomasa.

– Microcoxeración con biomasa.

– Calquera outra área de mellora que permita mellorar a competitividade do sector e xerar emprego.

Por outra banda, Galicia presenta unhas condiciones naturais excelentes para a explotación das enerxías procedentes do mar, e conta cun tecido industrial forte en tecnoloxías navais que podería atopar neste eido unha senda de diversificación cara a un novo nicho de mercado.

As áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva, de aí que se apoiará o desenvolvemento de tecnoloxías asociadas ao aproveitamento enerxético do medio mariño (concretamente a enerxía das ondas ou undimotriz, a das correntes mariñas e a eólica off-shore) o que permitirá aproveitar as sinerxías de coñecemento e capacitación doutros sectores galegos coma o naval e o eléctrico, para a súa exportación aqueles países onde o aproveitamento enerxético é una oportunidade de negocio e calquera outra área de mellora que permita mellorar a competitividade e xerar emprego.

1.4. Modernización dos sectores primarios galegos (agricultura, pesca, gandaría e forestal) cara á mellora sustentable dos indicadores de eficiencia e rendibilidade das explotacións e á xeración de produtos e servizos innovadores. (Modernización Sectores Primarios).

As áreas de mellora relacionadas con esta prioridade deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva, artellándose principalmente ao redor de innovacións para optimizar o uso dos recursos (fertilizantes, concentrados, fitosanitarios, auga, enerxía, xenética ou poboación mariña), ampliar a base territorial das explotacións, mellorar a súa xestión económica, crear novos produtos e canles de comercialización, reducir e controlar os riscos ambientais e mellorar a eficiencia enerxética, avanzar na loita integrada de pragas e o control de enfermidades; reducir a contaminación das augas e do aire polos gases de efecto invernadoiro y protección e explotación sustentable de recursos hídricos (rías e continentais). Así mesmo, de forma transversal, realizaranse actuacións de conservación, reposición e restauración do ambiente e o equilibrio territorial, que contribúan á mellora, valorización e modernización dos recursos naturais e dos seus aproveitamentos.

1.5. Modernización do sector turismo e das industrias culturais galegas a través do uso intensivo das TIC para acadar un sector turístico competitivo a nivel Europeo baseado no turismo cultural e nos recursos naturais. (TIC-Turismo).

Para acadar este obxectivo, as áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva, artellándose arredor de tres grandes áreas de actuación:

– Dotar de contidos innovadores mediante a aplicación das TIC e o fomento das ICC en todos os recursos dispoñibles na nosa Comunidade: patrimonio, cultura, gastronomía, natureza, etc., respondendo, así, a unha demanda cada vez máis exixente e especializada.

– Fomentaranse iniciativas que desde o ámbito da tecnoloxía e da creatividade permitan xerar novos produtos turísticos e novas actividades económicas de dimensión internacional, xogando as administracións un papel de facilitador e provedor de contornos adecuados para este desenvolvemento por parte das empresas.

– Aumentar as canles de comercialización e a competencia apostando pola venda directa sen intermediarios turísticos e eliminando trabas á libre competencia.

– E, en xeral, calquera outra área de mellora susceptible de mellorar a competitividade e a xeración de emprego no sector turístico galego.

Reto 2: O modelo industrial da Galicia do futuro

Aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través da hibridación e as tecnoloxías facilitadoras esenciais.

Prioridades asociadas:

2.1. Diversificación en sectores tractores galegos e os seus sectores auxiliares a través dun uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras (TFE), orientado ao fornecemento de novos procesos e produtos de alto valor engadido que permitan explorar novos mercados baseados na hibridación, no coñecemento e na tecnoloxía. (Diversificación sectores tractores).

Para acadar os obxectivos desta prioridade, as áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva artellándose arredor de catro grandes áreas de actuación:

– Desenvolvemento de estratexias baseadas na diferenciación mediante o deseño e a innovación de produto incorporando o uso de materiais intelixentes aplicados á industria do transporte ou ao sector téxtil.

– Diversificación de industrias tradicionais vencelladas tradicionalmente a sectores tractores, como é o caso do sector do metal galego moi ligado ao naval e á automoción, cara a actividades de alta tecnoloxía, por exemplo, como provedores do sector aeronáutico e aeroespacial.

– Desenvolvemento de dinámicas de innovación colaborativas empresa-investigación-Administración, potenciando a capacidade de proxección tecnolóxica e comercialización a nivel internacional, por exemplo, nos eidos vencellados coas necesidades chave da Administración pública.

– E, en xeral, calquera outra área de mellora susceptible de incrementar a competitividade e a xeración de emprego nos sectores tractores galegos.

2.2. Potenciar a competitividade do sector industrial galego a través da optimización de procesos produtivos baixo o concepto de Fábrica do futuro e a través da Eco-innovación para a mellora da eficiencia e do comportamento ambiental na industria. (Competitividade sector industrial).

Para iso se definen como obxectivos específicos:

– Tecnoloxías de proceso: a fábrica do futuro. Potenciar a innovación en tecnoloxías relacionadas coa simulación nos procesos produtivos dos sectores industriais galegos para facelos máis eficientes e mellorar a súa produtividade como garante de competitividade a nivel internacional.

– Tecnoloxías limpas: eco-innovación. É indubidable a importancia que os procesos industriais produtivos teñen na nosa sociedade e as implicacións de carácter ambiental que eles entrañan, por isto un dos obxectivos desta Prioridade é apoiar a transformación dos modelos produtivos cara a unha produción máis eco-innovadora e eficiente orientada á optimización de procesos e á xeración de produtos baseados en coñecemento respectuosos co ambiente.

– E, en xeral, calquera outra medida susceptible de mellorar a competitividade e a xeración de emprego nos sectores industriais galegos.

2.3. Impulso das TIC como sector tractor da economía do coñecemento en Galicia, ao igual que outras tecnoloxías facilitadoras esenciais (TFE). (Economía do coñecemento: [TIC e TFE]).

Nesta prioridade deberán implicarse todos os axentes do ecosistema de innovación rexionais para a consolidación eficiente dun sector tecnolóxico auxiliar cunha dobre perspectiva:

– Impulso dun sector competitivo, innovador e xerador de emprego cualificado capaz de facer fronte aos retos da nova economía do coñecemento.

– Fortalecemento dun sector tecnolóxico integrador que actúe non só como provedor auxiliar aos sectores estratéxicos de Galicia senón tamén como elemento tractor debido a súa compoñente transversal.

Reto 3: Novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo

Posicionar a Galicia para o ano 2020 como a rexión líder no sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable: envellecemento activo, a aplicación terapéutica de recursos hídricos e mariños e a nutrición funcional.

Prioridades asociadas:

3.1. Galicia como rexión líder no sur de Europa na aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito do envellecemento activo e a vida saudable e na promoción da autonomía persoal. (Envellecemento activo).

As actividades principais vencelladas a esta prioridade centraranse en:

– Reforzar as áreas de xeración de coñecemento relacionadas con esta prioridade en que Galicia acredita unha capacidade competitiva internacional.

– Propiciar un ambiente axeitado para o florecemento de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica capaces de valorizar o coñecemento xerado en Galicia atendendo ás demandas tecnolóxicas do ecosistema socio-sanitario.

– Consolidar o desenvolvemento e comercialización de novos produtos ou servizos no ámbito das TIC vencellados ao envellecemento activo e á vida saudable.

– Apoiar o desenvolvemento e a introdución nos mercados de novos produtos ou servizos biotecnolóxicos de alto valor engadido dirixidos, sobre todo, á industria farmacéutica e biotecnolóxica.

– Apoiar o desenvolvemento e comercialización de novos produtos intensivos en coñecemento baseados na valorización do potencial do termalismo e das actividades deportivas para usos terapéuticos e promoción da autonomía persoal.

– Potenciar calquera outra área de mellora que poida contribuír á xeración de novos nichos de mercado e emprego estable e de calidade, asociado ás actividades económicas comprendidas nesta prioridade, a través dun uso intensivo do coñecemento e a tecnoloxía.

3.2. Diversificación do sector alimentario galego para posicionalo como referente internacional ao redor da innovación en nutrición como elemento chave para unha vida saudable. (Alimentación e nutrición).

Para acadar os obxectivos desta prioridade, as áreas de mellora deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva artellándose arredor das seguintes grandes áreas de actuación:

– Apoio á xeración de valor engadido a través da consolidación dunha estrutura produtiva e de investigación artellada arredor da nutrición, os alimentos funcionais, nutracéuticos, a alimentación adaptada para etapas e condicións da vida como a terceira idade ou a obesidade, alimentación saudable para patoloxías específicas como a diabetes, a hipertensión e, en xeral, os hábitos de vida saudable vencellados á alimentación.

– Apoio tamén á mellora de procesos de produción, apoiado no uso das TIC que permitan o seguimento integral da cadea produtiva-extractiva (rastrexabilidade), para garantir a seguridade e calidade dos produtos e a confianza do consumidor.

– Apoio ao desenvolvemento de proxectos de colaboración público-privada en Galicia, fomentado o cambio nun sector tradicional con potencial innovador non explotado e aproveitando a sólida base académica e institucional.

– Potenciarase calquera outra área de mellora que poida contribuír á xeración de novos nichos de mercado e emprego estable e de calidade neste sector tan relevante na nosa comunidade.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file