Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 27 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento de dereitos fundamentais 139/2018, seguido na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

David Alonso Álvarez e 36 persoas máis interpuxeron recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento de dereitos fundamentais, coa referencia 139/2018, na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O dito recurso contencioso-administrativo ten por obxecto a Resolución do 8 de xuño de 2018 do conselleiro (por delegación, o director xeral de Centros e Recursos Humanos) que desestimou o recurso de reposición interposto por David Alonso Álvarez e 36 persoas máis contra a Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo) pola que se convocan diferentes procesos selectivos para o ingreso nalgunhas especialidades e corpos regulados pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

De conformidade co disposto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través do presente anuncio notifícase a interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer como demandados, se o consideran oportuno, na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sito na praza de Galicia, da cidade da Coruña) no prazo de cinco días, co obxecto de constituírse como parte interesada no proceso xudicial indicado. Ese prazo de cinco días comeza a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos