Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Federación de Profesionais de Prazas de Abastos da Coruña (Fepraco).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Emprego Autónomo da Secretaría Xeral de Emprego están depositados os estatutos da Federación de Profesionais de Prazas de Abastos da Coruña (Fepraco), da que se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: provincia da Coruña.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: fomentar a valoración das prazas de abastos e representar os seus asociados.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas asociacións inscritas no rexistro correspondente interesadas nos fins da federación.

Asinantes da acta de constitución: Asociación Profesionais da Praza de Abastos de Padrón, Asociación en Defensa do Mercado de Abastos de Elviña, Asociación Profesional de Empresarios Autónomos do Mercado de Montealto e Asociación Comerciantes e Empresarios do Mercado das Conchiñas.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

A secretaria xeral de Emprego
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral